"Time Is Running Out" é unha canción da banda inglesa de rock alternativoMuse, editado como primeiro sinxelo do seu álbum Absolution o 8 de setembro do 2003. Este foi todo un éxito nas radios alternativas estadounidense, acadando o número 9 da lista Modern Rock Tracks e facendo que a banda se fixese coñecida nese país. Foi tamén o primeiro top 10 de Muse no Reino Unido, chegando ao número 8.