Lista de personaxes de Family Guy

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Estas son as personaxes da serie de animación televisiva Family Guy.

Aviso: Esta sección pode revelar detalles da trama e/ou do argumento.

Familia Griffin[editar | editar a fonte]

  • Peter Lowenbrau Griffin – Peter é un home de 42 anos, nado no mes de xullo. El ten unha herdanza principalmente irlandesa, con algúns antecesores negros. Peter é un home grande e extremadamente idiota, que habitualmente está a se meter en líos, que soamente se fan peores cando el intenta saír deles. Marido de Lois, pai de Meg, Chris e Stewie, e tecnicamente o propietario de Brian.
  • Lois Pewterschmidt Griffin – Lois é unha muller de 40 anos. Nada na rica familia Pewterschmidt, Lois perdeu a súa herdanza ó casar con Peter. Lois ensina piano para gañar un pequeno soldo para a familia, aínda que ela gasta a meirande parte do tempo en coidar da súa familia.
  • Megan "Meg" Griffin – Meg é unha rapaza de 16 anos (17 na cuarta temporada), filla de Peter e Lois (aínda que, segundo Brian, o pai real de Meg é un home chamado Stan Thompson). Meg intenta encaixar co grupo de xente da súa idade da escola James Woods Regional High School. Meg é obxecto de bromas sobre o seu aspecto e a súa existencia en xeral.
  • Christopher Cross "Chris" Griffin – Chris é un rapaz de 13 anos (14 na cuarta temporada), fillo de Peter e Lois. Herdou bastantes cousas do seu pai, polo que non é moi intelixente e ademais ten sobrepeso, pero ten un tremendo talento para o debuxo. El é o único rapaz cuxa paternidade non foi cuestionada.
  • Stewart Gilligan "Stewie" Griffin - Stewie é un neno dun ano de idade fillo de Lois e Peter, que inexplicablemente ten acento inglés. Stewie ten unha prodixiosa intelixencia, e á ambición de dominar o mundo, pero o máis importante para el é matar a Lois. Normalmente os seus plans non son tomados en serio pola súa familia. Brian (o can) é o único que lle presta atención, aínda que moitas veces estean rifando entre eles.
  • Brian Griffin - Brian pode describirse coma o can parlante da familia Griffin, pero é máis adecuado describilo como o can que decidiu vivir con eles. Chámase Brian Griffin xa que foi adoptado pola familia Griffin. O seu nome real é sinxelamente "Brian". Aínda que el exhibe comportamentos típicos de cans, tamén pode falar intelixentemente, conducir un coche, camiñar bipedamente e ter un marcado enxeño. Peter é o seu mellor amigo, aínda que Brian é moito máis intelixente ca el.

Parentes[editar | editar a fonte]

Familia de Peter[editar | editar a fonte]

  • Francis Griffin – É o pai ultracatólico de Peter. Foi empregado do Pawtucket Mill, e nunca tiña tempo para o seu fillo, porque pensaba que non traballar era un pecado. Foi finalmente forzado a retirarse despois de sesenta anos de servizo, pero rexeitou retirarse, terminando coma gardacostas do Papa. Odia a Lois (e posiblemente a tódolos non católicos) porque non é católica.
  • Thelma Griffin – Esposa de Francis e nai de Peter. É unha alcólica que gasta o seu tempo xogando en Las Vegas. Os Griffins teñen un foguete ó lado da casa para escapar cando Thelma os visita.
  • Bertram Griffin – Irmanastro e arquenémese de Stewie, el foi orixinariamente o fillo inconcebido de Lois e Peter, referido coma o esperma-irmán de Stewie. No episodio "Emission Impossible" el loita contra un Stewie en miniatura dentro do corpo de Peter, e compartiu a xenreira de Stewie contra Lois e Jason Patric. No episodio "Sibling Rivalry", el naceu nunha parella de lesbianas, grazas á donación de esperma de Peter.
  • Thaddeus Griffin – Irmán xemelgo malvado de Peter. Ten un longo bigote e un sombreiro e gusta de levar color negro e reír maquiavelicamente. Thaddeus é unha homenaxe ós malos da pantomima clásica como Snidely Whiplash e Crumden.
  • Nathaniel "Nate" Griffin – Devanceiro negro de Peter, que viviu durante a Guerra Civil americana. O seu dono era un antecesor do pai de Lois, Carter Pewterschimdt. O libro titulado “Griffin Genealogy” mostrado no episodio “Peter Griffin: Husband, Father...Brother?” di que en 1840, Nate foi empregado para coidar cabalos. Enamorouse da filla do seu dono, e tiveron tres fillos. (defunto)
  • Osais Griffin – Bisavó de Peter, que posuíu un dos primeiros teléfonos; o seu número de teléfono era 3. No episodio “Peter Griffin: Husband, Father...Brother?” Peter e Chris van á Biblioteca Pública de Quahog para coñecer a historia da familia de Peter. Chris atopou un libro titulado “Griffin Genealogy”, e Peter leu os extractos para Osais, Thomas, e Nate. (defunto)
  • Thomas Griffin – Tataravó de Osais. Foi un gran filósofo. (defunto)

Familia de Lois[editar | editar a fonte]

  • Carter Pewterschmidt – Multimillonario e dono de U.S. Steel. Marido de Barbara, pai de Lois, Carol, Patrick, e aparentemente dun limpabotas mulato. Odia a Peter intensamente, insultándoo e degradándoo a cada ocasión. El e a súa muller Barbara divorciáronse, pro casaron rapidamente.
  • Barbara Pewterschmidt – Esposa de Carter, nai de Lois, Carol, e Patrick. Tivo unha relación con Jackie Gleason, e posiblemente outros homes, mais o seu marido non semella saber ou coñecer isto xa que casaron por motivos de negocio. Unha vez divorciouse de Carter e casou con Ted Turner, pero divorciouse enseguida, tomando a metade da CNN e TNT para si e volvendo casar con Carter. Comparte con Carter o seu desprezo a Peter e o amor polos netos.
  • Carol Pewterschmidt – Irmá de Lois Griffin e Patrick Pewtershmidt, filla de Carter e Barbara. Carol ten oito ex-maridos, e ten un fillo co máis recente. Non lle gusta os seus pais, e non sinte aversión por Peter.
  • Patrick Pewterschmidt - Irmán de Lois, que estivo foi pechado nun manicomio polos seus pais Carter e Barbara despois de ver como a súa nai tiña sexo con Jackie Gleason. Como resultado tivo unha interrupción nerviosa e alberga, dende entón, un inmenso odio ás persoas gordas. Durante a súa temporal saída do manicomio, el foi o "Estrangulador de gordos de Quahog" e case mata a Peter. El ten unha esposa imaxinaria chamada Marian.
  • Marguerite Pewterschmidt– Tía de Lois Griffin. Ela posuíu o señorío Cherrywood Manor en Newport, que Lois herdou despois da súa morte. Ela compartía con Barbara e Carter a aversión por Peter. (defunta)

Familia de Brian[editar | editar a fonte]

  • Biscuit (defunta) – Nai de Brian. Cando ela morreu, os seus donos a fixeron disecar para convertila nunha mesilla. Brian e Stewie déronlle entón un enterro digno.
  • Coco – Pai de Brian. No episodio onde Brian é o mestre substituto na clase de Chris, Brian fai a broma, "Chamádeme Brian. O señor Griffin era meu pai." Chris contestou, "Eu pensaba que teu pai estaba morto, se chamaba Coco e o atropelou un camión do leite." (presumiblemente defunto)
  • Jasper – Curmán homosexual e extravagante de Brian, que constantemente está realizando bromas. Brian viviu con Jasper cando se mudou a vivir a Hollywood para dirixir filmes pornográficos. El ensina danza no Club Med.

Outros[editar | editar a fonte]

  • Todd (defunto) - O can dos Griffin antes de ter a Brian. Como Brian, el era un can parlante. Viviu ata os 15 anos.
  • Fluffy - Fluffy é o gato que Peter conseguiu despois de que Brian marchara da casa dos Griffin. Fluffy resultou ser un gato malvado que lanzou petardos ós Griffin, e sobre o cal Peter dixo, "Deus,odio a este maldito gato."
  • Stan Thompson - Pai real de Meg, dacordo con Brian en "Screwed the Pooch".
  • Cousin Janeen – O curmán do que se bulran os Griffin, Peter e Chris xeneralmente,debidoa a auqe el ten diabetes.
  • Seabreeze - O can da familia Pewterschmidt. É un galgo premiado. Tivo unha relación con Brian en "Screwed the Pooch".

Parentes de ficción[editar | editar a fonte]

A imaxinación activa de Peter conduciu a referencias en flashbacks dunha ampla lista de parentes, maioritariamente parodias de figuras históricas.

  • Kathy Griffin - Curmá de Peter, é unha comediante que é considerada por moitos tan pesada nos shows coma na vida real.
  • Huck Griffin.
  • Avó de Peter – Avó de Peter e pai de Francis Griffin.
  • Angus Griffin – Devanceiro escocés de Peter Griffin. Foi un dos homes que inventou o golf, coa regra de "nin negros nin xudeus".
  • Juarez Griffin.
  • Jabba the Griffin.
  • Ulysses S. Griffin.
  • Devanceiros de Peter participantes na Guerra Civil Americana.
  • Rei Artur Griffin – Devanceiro medieval de Peter, parodia do Rei Artur. Cando Xenebra ofrécelle facer o amor con el se saca a espada Excalibur da rocha, el pregúntalle, "E se só podo movela un pouco? Tocarasma?"
  • Ella Fitzgerald Griffin.
  • Juan Ponce de León Griffin.
  • Rufus Griffin.
  • Quark Griffin.
  • Stewie Cruise.
  • Ur-Peter.
  • Moisés Griffin.
  • Peter Hitler - Irmán preferido de Adolf Hitler. Tío bisavó de Peter Griffin.
  • Willy "Black-Eye" Griffin, actor estrela do cinema mudo, mais canda a chegada do son ó cinema a súa voz non callou.
  • Xefe Jeep Grand Cherokee.
  • Puss.

Outras familias[editar | editar a fonte]

Browns[editar | editar a fonte]

  • Cleveland Brown - Un dos veciños e mellores amigos de Peter Griffin, así como un dos poucos afroamericanos da serie. O seu nome é unha parodia do nome do equipo profesional de fútbol americano Cleveland Browns. Cleveland e Peter coñecéronse unha noite, presumiblemente a comezos ou mediados dos 70, cando Peter facía autostop para volver a Rhode Island.
  • Loretta Brown - Ex-muller de Cleveland Brown e nai de Cleveland Brown, Jr.. Loretta é terca e algo controladora. Loretta dominaba ó seu marido, e en numerosos episodios Cleveland alude ás amplas demandas que Loretta lle esixe. Promove a cultura negra e non permite a literatura branca na súa casa. Divórciase de Cleveland despois de que este coñeza a relación amorosa entre Loretta e Glen Quagmire en "The Cleveland-Loretta Quagmire". (eliminada da serie)
  • Cleveland Brown, Jr. - Fillo de Cleveland Brown e Loretta Brown. Cleveland, Jr. é un adolescente hiperactivo (moi probablemete de entre 12 e trece anos) cun curto período de atención (síntoma de ADHD), en contraste coa calma do seu pai.

Campbells[editar | editar a fonte]

De "From Method to Madness"

  • Dave CampbellNudista. É o marido de Dotty, e o pai de Jeff. Membro do exército de KISS.
  • Dotty Campbell – Nudista. Esposa de Dave, e nai de Jeff.
  • Jeff Campbell – Fillo de Dave e Dotty, ten 16 anos. Jeff tamén é nudista.
  • (neno sen nome) Campbell - Visto cando os Griffin van a cenar. Non foi visto máis.

Goldmans[editar | editar a fonte]

  • Mort Goldman - Farmacéutico xudeu, e un dos amigos de Peter. Unha vez Peter vendeulle a Meg para pagarlle.
  • Muriel Goldman - Esposa de Mort.
  • Neil Goldman - Fillo de Mort e Muriel. Distintamente ó seu pai, ten moita autoestima en si mesmo. El sempre se lle insinúa a Meg, mais ela sempre o rexeita. Aínda así ten unha moza chamada Cicelia.
  • Jennifer Love Hewitt - Dacordo coa serie, é a sobriña de Mort e Muriel, e curmá de Neil. Unha vez tivo unha cita con Peter. Aparentemente ela tamén era un neno esquimó.

Familia de Jack (apelido descoñecido)[editar | editar a fonte]

De "Love Thy Trophy"

  • Jack – Home cariñoso que adoptou a moitos nenos de varias razas para crear os principios da harmonía racial. Adoptou brevemente a Stewie despois de que os servizos protectores do menor pensaran que o bebé era adicto ó crack.
  • Sarah – Casada con Jack, ela rexeitou devolver a Stewie ós Griffin até que lle subornaron cun bolso de Prada.
  • Li – Un dos nenos adoptados, de herdanza chinesa.
  • Pablo – Un dos nenos adoptados, de herdanza latina.
  • Ura – Unha das nenas adoptadas, de herdanza africana.
  • Nenos sen nome - Hai outros tres nenos.

Nelsons[editar | editar a fonte]

De "Wasted Talent"

  • Jerry Nelson – Marido de Janey.
  • Janey Nelson – Esposa de Jerry.

Pinchleys[editar | editar a fonte]

De "One If by Clam, Two If by Sea"

  • Nigel Pinchley – Pai de Eliza. Brevemente foi promietario da Almexa Bébeda antes de intentar cobrar o seguro queimando o bar. Lois descubriu o fraude. Foi deportado a Inglaterra, onde foi colgado.
  • Eliza Pinchley – Filla de Nigel Pinchley. Trama vinganza contra Lois pola morte do seu pai. Dende entón vive nun orfanato.

Quagmires[editar | editar a fonte]

  • Glenn Quagmire - Veciño de Peter Griffin e o seu máis antigo amigo; coñecéronse a comezos dos anos 80 cando Quagmire, un oficial de Marina, rescatou a Peter no océano. É hedonista e un adicto ó sexo que emprega o seu traballo como piloto aéreo para satisfacer os seus desexos. Ten un desexo especial por Lois. Case todas as cousas da súa casa vóltanse camas, segundo o revelado en "The Cleveland-Loretta Quagmire". Quagmire emprega en numerosas ocasión a frase "giggidy giggidy goo" (traducida ó castelán como Toma-toma-toma).
  • Joan Quagmire- Criada de Peter por durante unha semana, enamorouse de Quagmire. Suicidouse ó tocar a Morte cando pensaba que Quagmire morrera (defunta).
  • Nai de Quagmire - Quagmire mencionou que non coñece ó seu pai, e a súa nai estaba soa. No episodio "Brian the Bachelor" Quagmire leva á muller á caravana da súa nai para que coñeza á súa familia como parte dun programa televisivo. Ante os berros da súa nai, Glen, para que calara, díxolle 'Se queres que haxa trío terás que cambiar de ton!'. Ademais semella querer máis ó seu gato Mittens có seu fillo.

Swansons[editar | editar a fonte]

  • Joe Swanson - O veciño parapléxico dos Griffin, de profesión policía.
  • Bonnie Swanson - Muller de Joe, que durante todo o tempo da serie permanece grávida.
  • Kevin Swanson - Fillo de Joe e Bonnie.

Outras personaxes[editar | editar a fonte]

  • Tom Tucker: Presentador do telexornal local de Quahog xunto a Diane Simmons. Cando non hai novas invéntaas ou esaxéraas para que parezan máis interesantes. Adora o seu bigote (o cal por certo é falso). Ten un fillo que é anormal, coa boca na fronte e a fronte no mentón.
  • Diane Simmons: Presentadora do telexornal local de Quahog, unha muller moi profesional e atractiva cun toque de vandalismo, sobre todo cando cre que non hai cámaras. Unha vez participou nunha obra de teatro musical de Lois Griffin, O rei mais eu, no papel da protagonista. Posteriormente dimitiu por culpa de Peter.
  • Tricia Takanawa: É a reporteira asiática da canle local de Quahog. Os presentadores dos informativos sempre se refiren a ela como «a nosa reporteira asiática, Trisha Takanawa». É capaz de facer calquera cousa por obter un reportaxe, ata deitarse con Quagmire. Peter a chama Lucy Liu.
  • O mono malvado do armario: É un mono que vive no armario de Chris, a quen aterroriza sinalándolle co dedo. Antes de atopar á súa muller séndolle infiel con outro mono na súa propia cama era un mono normal. En ausencia de Chris, dedícase a escoitar rock dos anos 70 e a fumar marihuana. No capítulo no que Chris se vai á selva, o mono ponse triste e chora desconsoladamente.
  • A morte: apareceu en varios capítulos á familia Griffin, para ben ou para mal. Tamén está a súa nai, que o martiriza. Non podemos esquecer tampouco á versión canina, que lles visita cando Brian case se afoga ceando. Peter tivo que desempeñar o seu traballo cando a Morte se torceu un nocello.
  • Adam West: Paranoico, incompetente, obsesivo e corrupto, o primeiro Batman televisivo é o perfecto alcalde para un pobo como Quahog. Tivo un romance con Meg Griffin, á cal deixou máis tarde debido á presión mediática. Tamén erixiu unha estatua de ouro mazizo da ra dos paquetes de cereais Smacks polo cal o pobo case o lincha e para desviar a atención da polémica de devandita estatua prohibiu os matrimonios homosexuais. Como exemplo do seu delirio, víuselle gastando fondos públicos para discernir quen lle está roubando a auga que se vai polos seus desaugadoiros.
  • Deus: Aparece en varios capítulos por encima das nubes. Viste de branco e leva unha longa barba da mesma cor. Ao parecer ten afección polas raparigas, a quen impresiona creando raios. El e Xesucristo foron os causantes do incendio que sufriu "A ameixa bébeda".
  • Herbert: Vello pedófilo que vive namorado de Chris. Nun episodio Chris axúdalle nas tarefas domésticas e o vello imaxina un futuro con el, casados e con fillos (o gag é unha parodia da película "A pequena tenda dos horrores"). Noutro episodio defende a Chris cando é atacado por unha árbore, estilo Gandalf contra Balrog en O Señor dos Aneis.
  • Ollie Wiliams: Colaborador do programa de noticias que presentan Dianne Simmons e Tom Tucker. Caracterízase por contestar as preguntas cun berro drástico.
  • Ernie o polo xigante: O archinemesis de Peter Griffin, un polo de tamaño humano que frecuentemente aparece de improviso lanzándose en violentos combates con el ao redor da cidade. A súa rivalidade comezou por darlle un cupón caducado a Peter e caracterízase por morrer presuntamente ao final das liortas pero regresando despois.
  • Shamus: Mariñeiro con todas as súas extremidades de madeira en lugar de brazos e pernas a pesar diso pode desenvolverse en perfectas condicións, adoita saír en varios episodios.
  • Dr. Hartman: O enfermeiro da serie que trata sempre aos Griffin, sempre se enrola demasiado á hora de dar os diagnosticos ata tal punto de volver dos nervos aos pacientes, dedícase a moitos cargos do medicamento entre eles atendeu a Lois cando sufriu un infarto e asistiu ao parto da súa irmá.