Crack
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A palabra crack é un anglicismo que se engadiu ó galego para expresar diversos conceptos.
- Por antonomasia, Xeración do crack, un movemento estético de narradores mexicanos de finais do século XX.
- En Informática, programa que fai unha modificación permanente ou temporal sobre outro ou no seu código, para obviar unha limitación ou peche imposto a propósito polo programador orixinal. Algunhas lexislacións consideran este tipo de programas ilegais por facilitar a vulneración dos dereitos de autor de códigos non públicos ou comerciais. Véxase Crack informático.
- Substancia nociva, considerada ilegal, derivada da cocaína. Véxase Crack (droga).
- Termo usado para expresar creba financeira ou fraude. Un exemplo é a chamada Crack de 1929.
- Expresión usada coloquialmente para sinalar a alguén con cualidades excepcionais nun campo determinado. (p.e. os cracks do fútbol).
- O proceso químico de cracking, polo que as moléculas se rompen para formaren os produtos.
| Esta é unha páxina de homónimos, unha axuda de navegación que presenta unha lista de páxinas que compartirían o mesmo título porque se pronuncian ou escriben igual. Permite distinguir dous ou máis significados da mesma palabra ou expresión. Se chegaches aquí a través dunha ligazón interna, quizá desexes corrixila de modo que apunte ao artigo axeitado. |