Jennifer Love Hewitt

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jennifer Love Hewitt
Jennifer Love Hewitt LF2.jpg
Jennifer Love Hewitt, 2008
Nacemento Jennifer Love Hewitt
21 de febreiro de 1979 (35 anos)
Waco, Texas, Estados Unidos de América Estados Unidos
Profesión Actriz (1989 - presente)
Ficha na IMDb

Jennifer Love Hewitt, nada en Waco (Texas) o 21 de febreiro de 1979, é unha actriz, produtora de cine e televisión e cantante estadounidense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Hewitt comezou a actuar de nena, aparecendo en anuncios de televisión e na serie de Disney Channel Kids Incorporated. Fíxose famoso na cultura popular adolescente polos seus papeis na serie da Fox Party of Five, como Sarah Reeves, e no filme I Know What You Did Last Summer e a súa secuela, dando vida a Julie James.

Como cantante, Hewitt asinou contratos con Atlantic Records e Jive Records.[1], o seu sinxelo máis exitoso no Billboard Hot 100 foi "How Do I Deal" de 1999, que chegou ao posto 59.[2].

Hewitt tamén foi produtora dalgúns dos seus filmes e proxectos de televisión[3] En 2010, Hewitt escribiu un libro de autoaxuda dedicado ás relacións sentimentais The Day I Shot Cupid. A súa interpretación de Melinda Gordon na serie da CBS Ghost Whisperer recibiu un Premio Saturn en 2007 e 2008 á mellor actriz de televisión.

Considerada unha das mulleres máis atractivas pola revista Maxim, que a declarou a muller máis sexy do mundo en 1999[4] e a máis sexy da televisión en 2008 segundo TV Guide.[5] goza de considerable atención nos medios de comunicación.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Jennifer Love Hewitt on MSN music". music.msn.com. Consultado o 14 de novembro de 2010
  2. "I Still Know What You Did Last Summer". allmusic.com. Consultado o 14 de novembro de 2010
  3. "Jennifer Love Hewitt Credits". tvguide.com. Consultado o 14 de novembro de 2010
  4. 'Maxim' magazine. amazon.com. Novembro 1999. Consultado o 2 de outubro de 2008
  5. "TV's Sexiest Stars". tvguide.com, 3 de maio de 2008. Consultado o 14 de novembro de 2010

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]