Kenneth H. Jackson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Kenneth Hurlstone Jackson, nado en Beddington (Surrey) o 1 de novembro de 1909 e morto o 20 de febreiro de 1991, foi un lingüista e tradutor inglés, especializado nas linguas célticas.

Deu demostrado que os contos do ciclo do Ulster, escritos contra o 1100 preservan unha tradición oral que se orixinou arredor de seis séculos antes e reflicten a sociedade céltica irlandesa dos séculos III e IV. A súa obra Celtic Miscellany é un libro de grande uso nos estudos célticos.

Casou con Janet Dall Galloway o 12 de agosto de 1936. Os seus dous nenos, Alaster e Stephenie, naceron nos Estados Unidos pero criáronse en Escocia. Cando se retirou, Jackson continuou a súa obra sobre toponimia e as linguas goidélicas. Porén sufriu un ataque en 1984 que fixo que reducise o seu traballo.

Publicouse un obituario en The Times o 8 de marzo de 1991 e en Nomina 15.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Educación[editar | editar a fonte]

Os primeiros estudos de Jackson foron na Hillcrest School, Wallington (1916-19), e logo na Whitgift Grammar School, Croydon, desde 1920 a 1928. Obtivo unha bolsa para o St John's College, Cambridge en 1928. Estudou con Hector e Nora Chadwick, converténdose en falante de seis linguas célticas con fluidez. En Cambridge estudou Clásicas e despois as culturas antigas das Illas Británicas. Concedéronlle unha bolsa de viaxe durante a cal emprendeu estudos e traballo de campo en Gales e Irlanda. Nos anos 50 pasou as súas vacacións gravando dialectos para a Linguistic Survey of Scotland.

Notas académicas[editar | editar a fonte]

Jackson volveu a Cambridge en 1934 como lector de celta. En 1939 foise á Universidade de Harvard onde se converteu en profesor asociado en 1940, sendo o primeiro catedrático do Departamento de Lingua e Literatura Céltica. Pasou o servizo militar na sección de Linguas Non Comúns da Censura Británica (onde dixo que aprendera xaponés en tres semanas). Posteriormente volveu a Harvard, e converteuse en profesor pleno en 1948. Aceptou a cátedra de Linguas Célticas, Historia e Antigüidades na Universidade de Edimburgo, Escocia (1950-1979).

Publicacións[editar | editar a fonte]

Durante a súa estadía en Edimburgo Jackson publicou artigos e libros sobre os celtas antigos, e a Alta Idade Media e épocas posteriores, sobre cada unha das seis linguas célticas modernas, sobre folclore, topónimos e dialectos. Unha bibliografía das súas publicacións aparece en Studia Celtica 14/14, pp. 5-11 (1979-80). Citamos a continuación unha selección da súa obra:

  • 1935. Studies in Early Celtic Nature Poetry, Cambridge: University Press.
  • 1953. Language and history in early Britain: A chronological survey of the Brittonic languages, first to twelfth century A.D., Edimburgo: University of Edinburgh Press.
  • 1955. The Pictish Language in F T Wainwright (ed) The Problem of the Picts. Edimburgo.
  • 1955. Contributions to the study of Manx phonology, University of Edinburgh Linguistic Survey of Scotland Series.
  • 1959. "The Arthur of History" Arthurian Literature in the Middle Ages, Oxford: Clarendon Press. ISBN 0-19-811588-1.
  • 1959. "Arthur in Early Welsh Verse" Arthurian Literature in the Middle Ages, Oxford: Clarendon Press.
  • 1961. "The international popular tale and early Welsh tradition" The Gregynog Lectures, 1961, Cardiff: University of Wales Press.
  • 1964. The oldest Irish tradition: A window on the Iron Age, Cambridge: University Press. Reeditado en 1999.
  • 1967. A Historical phonology of Breton, Dublin Institute for Advanced Studies, Dublín, ISBN 978-0901282538
  • 1969. The Gododdin: The Oldest Scottish poem, Edimburgo: University Press.
  • 1972, etc. A Celtic Miscellany : Translations from the Celtic Literature, Penguin Paperback. ISBN 0-14-044247-2. Poesía e prosa das seis linguas célticas, galés, irlandés, gaélico escocés, córnico, bretón e manx.
  • 1990. Aislinge Meic Con Glinne, Dublin Institute for Advanced Studies, Dublín, ISBN 0-901282-94-4

Outras actividades[editar | editar a fonte]

Jackson foi membro da British Academy (elixido en 1957) e Comisionado para os monumentos antigos e históricos de Escocia. Obtivo graos honoríficos de universidades de Inglaterra, Gales, Irlanda e Bretaña. Concedéronlle a Orde do Imperio Británico, en calidade de Commander of the Order of the British Empire en 1985 polo seu labor nos estudos célticos. Foi membro honorífico da Modern Language Association. Foi membro do Council of the English Placename Society durante corenta anos, sendo tanto Vicepresidente como presidente con posterioridade.

Notas[editar | editar a fonte]