Momento do dipolo eléctrico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

En física, o momento do dipolo eléctrico é a medida da polaridade de un sistema de cargas eléctricas.

O momento do dipolo eléctrico para unha distribución discreta de cargas pontuais é simplemente a soma vectorial dos produtos da carga pola posición vectorial de cada carga.

\vec{p} = \sum_{i} q_i \vec{x}_i

Esta definición discreta tamén pode ser dada en forma continua utilizandose a densidade da carga, \rho, no lugar da carga, q.

\vec{p} = \int \rho(\vec{x}) \vec{x} dV

O momento do dipolo é normalmente utilizado en sistemas que posuen carga total neutra. Por exemplo, un par de cargas opostas, ou un condutor neutro nun campo eléctrico uniforme. Para tais sistemas, o valor do momento do dipolo eléctrico é independente da orixe do sistema de eixos. Para sistemas non neutros, xorde unha dependencia da escolla da orixe. Para que o momento do dipolo elétrico sexa útil no cálculo do torque en dipolo e para outros fins, a orixe é frecuentemente definida no centro da carga, \vec{R}, para o sistema, que é definida de xeito similar ao centro de masa e é:

\vec{R} = \frac{1}{Q} \sum_{i} \left | q_i \right \vert \vec{x}_i

Onde Q é a soma das cargas:

Q = \sum_{i} \left | q_i \right \vert

Par de cargas opostas[editar | editar a fonte]

O momento do dipolo eléctrico para un par de cargas opostas de magnitude q é definida como a magnitude da carga veces a distancia entre eles e a dirección definida en relación à carga positiva.

\vec{p} = q \vec{d}

É un concepto útil en átomos e moléculas onde os efeitos da separación das cargas son mensurábeis, mas a distancia entre as cargas son moi pequenas para seren medidas con facilidade. Tamén é útil en dieléctricos e outras aplicacións en materiais sólidos e líquidos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]