KoЯn
| KoЯn | |
|---|---|
O grupo nos premios MTV Asia do 2006 |
|
| Información | |
| Orixe | Bakersfield, California, |
| Período | 1993 - Actualidade |
| Xénero(s) | Nu metal |
| Selo(s) discográfico(s) | Sony BMG Epic Records EMI |
| Membros | Jonathan Davis Reginald "Fieldy" Arvizu James "Munky" Shaffer |
| Antigos membros | David Silveira Brian "Head" Welch |
| Web oficial | www.korn.com |
KoЯn é unha banda de nu metal de Bakersfield, California, Estados Unidos. Xunto con outros grupos da época, inspiraron a moitos dos grupos de nu metal e metal alternativo dos 90 e os comezos do 2000[1]. O grupo conseguiu debutar nove veces consecutivas entre os dez primeiros da lista de éxitos Billboard[2].
Ata o día de hoxe o grupo vendeu máis de 30 millóns de álbums no mundo enteiro, sendo 16 millóns e medio os vendidos nos Estados Unidos[3], e foi nominado 6 veces aos premios Grammy, gañando dous deles[4].
Están considerados por moitos coma os creadores do xénero nu metal, aínda que nunha entrevista a Jonathan Davis este afirmou:
Índice |
Historia [editar]
Formación (1993-1995) [editar]
Korn formouse trala disolución do grupo L.A.P.D. Reginald Arvizu, James Shaffer, e David Silveria decidiron continuar coma grupo, xuntándose co guitarrista Brian Welch e buscando un cantante. Jonathan Davis uníuse a eles en 1993 e púxeronlle o nome de Korn ao novo grupo.
Máis tarde en 1993, comezaron a traballar co produtor Ross Robinson, gravando o EP Neidermeyer's Mind ese mismo ano. Contiña catro temas: "Predictable", "Blind", "Daddy", e "Alive". Paul Pontius de Immortal/Epic Records firmou un contrato con eles, e comezaron a traballar no seu primeiro LP Korn. "Blind" foi o primeiro sinxelo do álbum.
O disco foi lanzado o 11 de outubro de 1994, pero o grupo tivo moi pouco apoio das cadeas de radio e televisión, pero conseguiron un gran número de fans[1]. Gracias ao apoio destes fans o grupo acadou o número 72 na lista de éxtios Billboard en 1996[2]. A súa primeira nominación aos Grammy foi polo tema "Shoots and Ladders"[5].
Life Is Peachy (1996-1997) [editar]
O segundo disco do grupo, Life is Peachy, foi lanzado o 15 de outubro de 1996, tendo un son máis escuro que o seu disco anterior [6]. Tamén gravaron dúas versións, Low Rider do grupo War, e Wicked de Ice Cube, esta última xunto ao vocalista Chino Moreno do grupo Deftones.
Life Is Peachy vendeu máis de 106.000 copias na primeira semana e acadou o número 3 na lista de éxitos Billboard[2]. O primeiro sinxelo, "No Place to Hide" recibíu unha nominación aos Grammy[5]. "A.D.I.D.A.S." foi o segundo sinxelo. O título parece facer referencia á marca de roupa Adidas, pero realmente é un acrónimo do "All Day I Dream About Sex" (en inglés: "Soño todo o día có sexo").
A popularidade do grupo medrou ao encabezar o festival de música Lollapalooza de 1997 xunto ao grupo Tool, aínda que non puideron asistir xa que a Munky diagnosticóuselle unha meninxite[7].
A finais de 1997, Korn formou o seu propio sélo discográfico, "Elementree Records", asinando a grupos coma Videodrone e Orgy.
Follow the Leader (1998-1999) [editar]
Korn sacou o seu terceiro álbum Follow the leader o 18 de agosto de 1998, no que participaron tamén outros cantantes coma Ice Cube, Tre Hardson, Fred Durst do grupo Limp Bizkit e o actor Cheech Marin no tema agochado "Earache My Eye".
O disco tivo un gran éxito, debutando no número 1 da lista Billboard con 268.000 copias vendidas na súa primeira semana.[8]. Os sinxelos deste álbum foron "Got the Life" e "Freak on a Leash". "Got the Life" foi o primeiro videoclip retirado na histria da MTV[9].
"Freak on a Leash" gañou un Grammy polo mellor video musical e unha nominación á mellor actuación de hard rock[10]. O vídeo tamén recibíu nove nominacións aos premios da MTV, nas categorías de vídeo do ano, mellor vídeo de rock, mellor dirección e mellores efectos especiais entre outras, gañando dous dos premios[11].
No mesmo ano o grupo comezou unha xira anual chamada Family Values Tour. Korn encabezaba a xira xunto a Incubus, Orgy, Limp Bizkit, Ice Cube, e Rammstein. En 1999, Limp Bizkit encabezou a xira xunto a Primus, Staind, The Crystal Method, Method Man & Redman, e Filter. Korn non aparecían no cartel e só facían aparicións sorpresa nesta edición.
Issues (1999-2001) [editar]
O cuarto álbum do grupo Issues, producido por Brendan O'Brien, saíu ao mercado o 16 de novembro de 1999. O deseño da portada realizouno Alfredo Carlos tras gañar un concurso da MTV[12]. O disco debutou no número 1 da lista Billboard con máis de 573.000 copias vendidas[13]. Anteriormente Korn aparecera nun episodio de South Park, no que sonou o primeiro sinxelo de Issues, "Falling Away from Me"[14].
Take a Look in the Mirror e Greatest Hits (2003-2005) [editar]
O sexto álbum do grupo, Take a Look in the Mirror saíu ao mercado o 21 de novembro do 2003,[15]. Eles mesmos produciron o álbum, e lanzaron os sinxelos "Right Now", "Y'All Want a Single" e "Everything I've Known". O álbum foi número 9 na lista Billboard, vendendo unhas 179.000 copias na súa primeira semana.
O disco de grandes éxitos do grupo, Greatest Hits, Volume 1, saíu á venda o 5 de outubro do 2004, debutando no número 4 da lista Billboard e vendendo máis de 129.000 copias. Os dous sinxelos do disco foron o primeiro unha versión do tema "Word Up!" de Cameo, e o segundo unha versión da canción de Pink Floyd "Another Brick in the Wall".
Posteriormente Brian "Head" Welch anunciou que deixaba o grupo argumentando:
See You on the Other Side (2005-2006) [editar]
O álbum See You on the Other Side foi lanzado ao mercado o 6 de decembro de 2005, debutando no número 3 na lista Billboard, permanecendo entre os 100 primeiros da lista durante 34 semanas consecutivas. O primeiro sinxelo foi "Twisted Transistor", sendo Dave Meyers o director do vídeo musical. Neste, os rapeiros Xzibit, Lil' Jon, Snoop Dogg e David Banner facíanse pasar polos integrantes de Korn.
O anuncio da volta do Family Values Tour fíxose o 18 de abril do 2006, compartindo cartel con Deftones, Stone Sour, Flyleaf, e Dir en grey[17]. Korn e Evanescence encabezaron o cartel na edición do 2007, xunto a Atreyu, Hellyeah, e Trivium[18].
Membros [editar]
- Jonathan Davis - Vocalista, gaita.
- Reginald "Fieldy" Arvizu - Baixo.
- James "Munky" Shaffer - Guitarra.
Antigos Membros [editar]
- Brian "Head" Welch - Guitarra, voces.
- David Silveira - Batería.
Discografía [editar]
- KoЯn, 1994
- Life is Peachy, 1996
- Follow the leader, 1998
- Issues, 1999
- Untouchables, 2002
- Take A Look In The Mirror, 2003
- Greatest Hits, Volume 1, 2004
- See You on the Other Side, 2005
- Live and Rare, 2006
- MTV Unplugged: Korn, 2007
- Álbum sen título - 2007
- Korn III – Remember Who You Are - 2010
Notas [editar]
- ↑ 1,0 1,1 "Korn review". All Media Guide. http://wm11.allmusic.com/cg/amg.dll?p=amg&sql=10:j9fuxquhld6e~T1. Consultado o 2007-10-11. (en inglés)
- ↑ 2,0 2,1 2,2 "Artist Chart History". Billboard. http://www.billboard.com/bbcom/retrieve_chart_history.do?model.chartFormatGroupName=Albums&model.vnuArtistId=121196&model.vnuAlbumId=828526. Consultado o 2007-10-03. (en inglés)
- ↑ "Top Selling Artists". RIAA. http://www.riaa.com/goldandplatinumdata.php?resultpage=2&table=tblTopArt&action=. Consultado o 2007-11-04. (en inglés)
- ↑ "Premios Grammy". All Media Guide. http://wm11.allmusic.com/cg/amg.dll?p=amg&sql=11:gxfpxqegld0e~T52. Consultado o 2007-12-06. (en inglés)
- ↑ 5,0 5,1 "Grammy Awards: Best Metal Performance". Rock on the Net. http://www.rockonthenet.com/grammy/metal.htm. Consultado o 2007-09-03.
- ↑ "Life Is Peachy". All Media Guide. http://wm11.allmusic.com/cg/amg.dll?p=amg&sql=10:gxfoxqlhld0e. Consultado o 2007-12-06. (en inglés)
- ↑ "KoRn non asiste ao Lollapalooza pola enfermidade do seu guitarrista". MTV. 1997-08-01. http://www.mtv.com/news/articles/1431015/19970801/korn.jhtml. Consultado o 2007-10-03.
- ↑ "Korn Tops Album Heap In Chart Debut". MTV. 1998-08-26. http://www.mtv.com/news/articles/1430996/19980826/korn.jhtml. Consultado o 2007-10-03. (en inglés)
- ↑ "Hall of Fame". The TRL Archive. http://www.atrl.net/trlarchive/?s=halloffame. Consultado o 2007-10-03. (en inglés)
- ↑ "42 edición dos Grammy - 2000". Rock on the Net. http://www.rockonthenet.com/archive/2000/grammys.htm. Consultado o 2007-10-03.
- ↑ "1999 MTV Video Music Awards". Rock on the Net. http://www.rockonthenet.com/archive/1999/mtvvmas.htm. Consultado o 2007-10-03. (en inglés)
- ↑ "Korn pide aos fans deseñar a portada do seu disco". MTV. 1999-09-17. http://www.mtv.com/news/articles/1430971/19990917/korn.jhtml. Consultado o 2007-10-03. (en inglés)
- ↑ "Korn Tops On Album Chart". MTV. 1999-11-24. http://www.mtv.com/news/articles/1428109/19991124/dion_celine.jhtml. Consultado o 2007-10-03. (en inglés)
- ↑ "Korn To Premiere New Track During "South Park" Special". MTV. 1999-10-11. http://www.mtv.com/news/articles/1430968/19991011/korn.jhtml. Consultado o 2007-10-03. (en inglés)
- ↑ "Korn lanza Take A Look In The Mirror". MTV. 2003-11-17. http://www.mtv.com/news/articles/1480466/20031117/korn.jhtml. Consultado o 2007-10-03. (en inglés)
- ↑ "Brian 'Head' Welch deixa o grupo". MTV. 2005-02-22. http://www.mtv.com/news/articles/1497313/20050222/korn.jhtml. Consultado o 2007-10-03. (en inglés)
- ↑ "Korn resucita o Family Values Tour con Deftones e Stone Sour". MTV. 2006-04-18. http://www.mtv.com/news/articles/1528963/20060418/korn.jhtml. Consultado o 2007-10-03. (en inglés)
- ↑ "Korn, Evanescence e Hellyeah no cartel do Family Values Tour". MTV. 2007-03-26. http://www.mtv.com/news/articles/1555661/20070326/korn.jhtml. Consultado o 2007-10-03. (en inglés)
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
|
|||||||||||
</noinclude>