Limp Bizkit

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Limp Bizkit
OrixeJacksonville, Florida, Estados Unidos de América Estados Unidos
Período1996 - Actualidade
Xénero(s)Nu metal, Rap metal
Selo(s) discográfico(s)Flip
Interscope
Geffen
MembrosFred Durst
Sam Rivers
John Otto
DJ Lethal
Wes Borland
Antigos membrosMike Smith
Na rede
http://www.limpbizkit.com
IMDB: nm1552980 TV.com: people/limp-bizkit
Facebook: limpbizkit Twitter: limpbizkit Instagram: limpbizkit VK: limpbizkit MySpace: limpbizkit Youtube: UCCndqRyI-5Zl8Mutlq71ASw Souncloud: limpbizkit Spotify: 165ZgPlLkK7bf5bDoFc6Sb iTunes: 105544 Last fm: Limp+Bizkit Musicbrainz: 8f9d6bb2-dba4-4cca-9967-cc02b9f4820c Songkick: 468296 Discogs: 108722 Allmusic: mn0000290502 Deezer: 93 Genius: Limp-bizkit Editar o valor em Wikidata

Limp Bizkit é un grupo estadounidense de música nu metal orixinario de Jacksonville, Florida. Desde a súa formación venderon uns 60 millóns de discos.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Limp Bizkit formouse en 1994 en Jacksonville por Fred Durst (vocal) e Sam Rivers (baixo). Máis adiante Rivers presentoulle a Durst ao seu primo, o batería John otto, en Keystone. Os tres comezaron a ensaiar xuntos. Axiña viron a necesidade de conseguir un guitarrista e así foi como entrou Rob Waters e deron comezo ó grupo formalmente co nome de Limp Bizkit.

A primeira maqueta chamouse Mental Aquaducts, que contiña remesturas das letras da banda anterior de Durst (Slipt 26 e 10Ft Shindig) escritas por el mesmo antes de deixala.

Otto suxeriu incorporar a Wes Borland ao grupo, o cal coñecíao de ir xuntos ó colexio. Durst viaxou a Filadelfia para velo tocar e convenceuse da idea de metelo no grupo. A mesma noite ofrecerlle a Wes formar parte do grupo, Wes aceptou e foi con Durst de volta a Jacksonville e con tan só media hora de ensaios tocou o primeiro concerto co seu novo grupo o mesmo día que entrou nel. Doutra banda ó ser Wes guitarrista, Waters tivo que saír do grupo para lle deixar o seu posto. A banda continuou tocando en varios concertos, dos cales o máis popular foi o de Milkbar en Jacksonville.

En 1995, Fred Durst coñeceu aos integrantes da banda KoЯn cando coincidiron nun show na comarca de Jacksonville. Durst, artista do tatuaxe, fíxolle a Briand "Head" Welch, o guitarrista de KoЯn, algúns tatuaxes co que ambos comezaron a ser amigos. Durst deulle a Briand a maqueta que gravara con Limp Bizkit e os membros de KoЯn consideraron que non era interesante. Máis tarde e co recentemente chegado Wes Borland, gravaron unha segunda maqueta que tamén lle foi entregada a KoЯn e que desta vez si impresionaría ó reputado grupo. Esta derradeira maqueta incluíu os temas "Counterfeit", "Stuck", "Stalemate" e "Pollution", os cales serían editados máis adiante no seu primeiro álbum "Three Dollar Bill, Yall$".

KoЯn remitiulle a maqueta ó seu produtor Ross Robinson, quen quedou tamén impresionado. Ross contactou con Limp Bizkit e tentou producilos baixo a súa empresa Flip Records pero Durst xa buscara outro produtor: Jordan Schur, ao que coñecera no "Garbage concert", e ofreceralles firmar coa súa produtora Mojo Records. Nestas datas, Limp Bizkit comezaba unha xira cos grupos Deftones e House of Pain. Así foi como coñeceron a Dj Lethal, DJ de House of Pain, que acabaríase unindo ó grupo de Durst.

Finalmente Limp Bizkit asinou con Mojo Records, empresa que sería comprada por Flip Records e conseguintemente facendo que Schur conseguise producir o grupo.

Three Dollar Bill, Yall$[editar | editar a fonte]

En 1997 Limp Bizkit grava "Three Dollar Bill, Yall$" con Ross Robinson, produtor de KoЯn e con Flip/Interscope. En xaneiro de 1998 a emisora de rock KuFO de Portland, Oregón, comeza a emitir o tema "Counterfeit". En 5 semanas pinchárona sobre 50 veces e o grupo comeza a ter certa fama pola zona. O álbum comezou frouxo en vendas pero grazas ás boas actuacións nos festivais Family Values, Ozzfest e no tour do grupo Trail of Tears, o álbum catapultouse ata o posto 25 en vendas no Billboard 200 ianqui.

No Ozzfest o grupo causou impresión coa actuación de saír dun váter xigante para comezar o seu concerto. Tamén Wes Borland destacou polo seu pintoresco maquillaxe.

Ó mesmo tempo que triunfaba o seu sinxelo "Counterfeit", saltaba á fama a versión de Limp Bizkit do tema "Faith" de George Michel incluído na BSO da película "Very Bad Things" interpretada por Cameron Diaz, Christian Slater e Jeremy Piven. Máis tarde, no mesmo ano, Fred Durst colabora no tema "All in the Family" do terceiro álbum de KoЯn.

John Otto nos pratos

O longo de 1997 e 1998 o álbum superou o millón e medio de vendas acadando o dobre disco de platino.

Significant Other[editar | editar a fonte]

En 1999 Limp Bizkit sacou o seu novo álbum debutando no número 1 no Billboard 200. Só na primeira semana vendéronse 834.000 copias dos aproximadamente 16 millóns de discos vendidos o redor do mundo.

O sinxelo "Nookie" foi o máis exitoso e a vez polémico dos temas incluídos no álbum. A letra da canción fala sobre o acto da agresión sexual e certos sectores da sociedade acusaron a Durst de misóxino e fomentador da violencia á muller tras un incidente no festival de Woodstock de 1999 onde se rexistráron agresións a mulleres durante a reprodución do devandito tema.

No tema "N 2 Gether Now" o estilo de Limp Bizkit combínase co hip hop cunha base ao estilo rap e colaboración do rapeiro Method Man; outros temas influenciados polo hip hop neste álbum son "Re-Arranged" e "Breack Stuff".

Doutra banda, Fred Durst é protagonista en diversas rifas con outros artistas coma o grupo Slipknot, o guitarrista Zakk Wylde de Ozzy Osbourne, o cantante Scott Stapp de Creed, o rapeiro Eminem e o grupo Taproot.

Chocolate Starfish and the Hot Dog Flavored Water[editar | editar a fonte]

2 anos e medio despois do lanzamento de Significant Other, volve Limp Bizkit co álbum Chocolate Starfish and the Hot Dog Flavored Water o 17 de outubro de 2000. O novo traballo do grupo bateu o récord de vendas na primeira semana con aproximadamente 1 millón de unidades vendidas só nos Estados Unidos. O álbum obtivo disco de ouro, platino e seis veces multi-platino.

O tema "Take a Look Around" foi a canción principal da banda sonora da película Mission Impossible 2. Unha remestura doutra pista do álbum ("My Way", coa colaboración de Method Man, Redman e DMX) formou parte da B.S.O. do filme The Fast and the Furious. O cuarto sinxelo, "My Way", foi o tema de apertura do programa WWE WrestleMania X-Seven.

Alén do evidente éxito comercial, os críticos musicais considerárono un álbum mediocre.

No ano 2000 o mundo musical estaba en plena loita contra a rede de intercambio de ficheiros Napster. Fred Durst, en nome do grupo, deu unha xira financiada pola devandita rede e amosou o seu apoio ós sistemas de intercambio de P2P co conseguinte enfrontamento con outros grupos opostos a esta tecnoloxía como por exemplo Metallica.

No ano 2001, durante un concerto en Sydney, Australia, unha moza de 16 anos chamada Jessica Michalik sufriu un ataque ó corazón ó ser arrastrada por unha marea humana que presenciaba a actuación do grupo. 5 días despois finou. Isto levou o grupo ante os tribunais onde finalmente demostrouse que Durst, dende o escenario, pediu a colaboración da xente en caso de que houbera algún incidente. Finalmente o grupo foi absolto ao considerar o xuíz que foi a organización a responsable da morte e que o grupo avisou do perigo e pediu a colaboración dos espectadores.

A finais do 2001 o guitarrista Wes Borland abandona o grupo. Os rumores apuntan a unha rifa con Durst.

New Old Songs e Results May Vary[editar | editar a fonte]

New Old Song é integramente un álbum de remesturas das cancións máis populares dos CD's anteriores que foi lanzado trala marcha de Wes Borland. Foi duramente criticado por fans e prensa pola gran derivación ó hip hop en detrimento do estilo metal.

No ano 2002, Limp Bizkit lanza unha audición mundial chamada "Put Your Guitar Where Your Mouth Is" do cal sairía un gañador que pasaría a formar parte do grupo como o novo guitarrista en substitución de Wes Borland. O concurso foi acusado de fraude xa que ós finalistas indicóuselles que tiñan que firmar un contrato no que cedían todos os seus dereitos de imaxe ó grupo e que o contrato finalizaba ós 60 espectáculos. Finalmente o novo guitarrista foi Mike Smith do grupo Snot.

En 2003 o grupo lanza o novo CD "Results May Vary" con Smith na guitarra. O álbum afástase de New Old Songs e volve ao estilo dos primeiros CD's da banda, pero resulta un fracaso. Este álbum tardou 14 semanas en alcanzar o millón de copias vendidas mentres que "Chocolate Starfish" o fixera na primeira semana. Os fans e a prensa apuntan directamente a que o motivo do fracaso é a marcha de Borland. Neste mesmo ano, comezan unha xira xunto a outros grupos de Nu Metal coma Deftones, Mudvayne e Linkin Park. Nunha das paradas, en Chicago, os asistentes do concerto lanzaron obxectos contra Fred Durst e comezaron a corear "Fuck Fred Durst" ("que lle fodan a Fred Durst") co que despois de seis cancións Durst tirou o micro ao chan e marchou do escenario non sen antes increpar ó público.

En xullo de 2004 Borland regresou ó grupo, o que significou a marcha inmediata de Smith.

The Unquestionable Truth (Part 1) e Greatest Hitz[editar | editar a fonte]

DJ Lethal

O 3 de maio de 2005 sae a venda The Unquestionable Truth (Part 1). O novo álbum conta con dous regresos á banda: o de Wes Borland á guitarra e o de Ross Robinson á produción. Este álbum tivo máis éxito en críticas que o anterior álbum "Results May Vary", aínda que foi o peor álbum a nivel de vendas do grupo. O batería John Otto só puido gravar un tema xa que tivo que deixar a banda por problemas persoais mentres estaban a gravar o álbum. No seu lugar incorporouse Sammy Siegler para rematar o CD.

O 8 de novembro de 2005 sae á venda Greatest Hitz, unha recompilación dos mellores temas dos catro primeiros CDs acompañado dun DVD con información e concertos do grupo. Non tivo boa acollida e ademais coincidiu a saída do álbum cunha nova marcha de Wes Borland. O grupo decidiu disolverse tras esta nova marcha de Wes; Durst dedicouse a dirixir filmes mentres Otto, Rivers e DJ Lethal seguiron a carreira musical colaborando con diferentes grupos e artistas.

Xa en 2008 sae o DVD Rock im Park 2001 que é unha gravación en directo do concerto que Limp Bizkit deu no festival Rock im Park en Alemaña en 2001.

Presente[editar | editar a fonte]

A mediados de 2008 o grupo anuncia na web oficial a súa volta. O 20 de maio de 2009, o grupo inicial: Durst, Borland, Rivers, Otto e DJ Lethal; deu un concerto por primeira vez en 8 anos en Letonia. Tralo concerto confirmouse que Limp Bizkit tiña planeado iniciar unha xira europea anunciando a súa volta, os seguintes destinos foron o Rock am Ring and Rock im Park en Alemañana, UK Download Festival no Reino Unido, Szczecin Rock Festival en Polonia etc...

Membros do grupo[editar | editar a fonte]

Actual

  • Fred Durst – vogais (1995–presente)
  • Sam Rivers – baixo (1995–presente)
  • John Otto – batería (1995–presente)
  • DJ Lethal – turntables, keyboards, samples, programming (1996–presente)
  • Wes Borland – guitarra (1995–2001, 2004–2006, 2009–presente)

Ex-membros

Eventuais

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums de estudio[editar | editar a fonte]

Data de lanzamento Título Selo discográfico
1 de xullo, 1997 Three Dollar Bill, Yall$ Interscope
22 de xuño, 1999 Significant Other Interscope
15 de outubro, 2000 Chocolate Starfish and the Hot Dog Flavored Water Interscope
23 de setembro, 2003 Results May Vary Interscope
2 de maio, 2005 The Unquestionable Truth (Part 1) Geffen
28 de xuño, 2011 Gold Cobra Interscope
2021 Still Sucks Suretone

Álbums compilatorios[editar | editar a fonte]

Data de lanzamento Título Selo discográfico
4 de decembro, 2001 New Old Songs Interscope
8 de novembro, 2005 Greatest Hitz Geffen

Sinxelos[editar | editar a fonte]

Ano Título Álbum
1997 "Counterfeit" Three Dollar Bill, Y'all$
"Sour"
1998 "Faith"
1999 "Nookie" Significant Other
"Re-Arranged"
"N 2 Gether Now" (feat. Method Man)
2000 "Break Stuff"
"Crushed" End of Days soundtrack
"Take a Look Around" Mission: Impossible II soundtrack
Chocolate Starfish and the Hotdog Flavored Water
"Rollin'" Chocolate Starfish and the Hotdog Flavored Water
"My Generation"
2001 "My Way"
"Boiler"
2003 "Just Drop Dead" Non-album track
"Eat You Alive" Results May Vary
"Behind Blue Eyes"
2004 "Almost Over"
2005 "Bittersweet Home" Greatest Hitz

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]