James Shaffer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
James Shaffer
Nome completoJames Christian Shaffer
AliasMunky, Munk
Data nacemento6 de xuño de 1970 (53 anos)
Nado enRosedale (California)
CónxuxeEvis Xheneti
Ocupaciónguitarrista, músico, produtor musical e compositor
Instrumento(s)guitarra, voz, baixo, teclados, lap steel
Relacionado conKorn, Fear and the Nervous System, L.A.P.D., Creep
Tempo en activo1989 - actualidade
PseudónimoMunky
Na rede
IMDB: nm0787313 Rottentomatoes: celebrity/james_munky_shaffer
Twitter: JC_SHAFFER Musicbrainz: 4726dc2e-9aed-4592-9239-a0874f1d4c57 Discogs: 772648 Allmusic: mn0000215621 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

James Christian Shaffer, nado en Rosedale, no condado de Kern (California), o 6 de xuño de 1970, é un músico estadounidense, máis coñecido como "Munky", coñecido por ser cofundador e guitarrista da banda de nu metal Korn.

O seu alcume "Munky" é unha referencia aos seus pés, que se asemellan ás mans dun mono cando se estiran[1]. James cita a Steve Vai e a guitarristas de metal dos 80 como Eddie Van Halen e Randy Rhoads como as súas principais influencias.

Shaffer creou o proxecto paralelo Fear and the Nervous System no ano 2008, e tamén é fundador do selo Emotional Syphon Recordings, discográfica de grupos como Monster in the Machine e Droid.

Munky e Head foron situados no posto 26 na lista dos "100 mellores guitarrista de heavy metal de todos os tempos" da revista Guitar World[2].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Who Then Now?". Sony, Epic Records. March 18, 1997. 
  2. "Guitar World’s “100 Greatest Metal Guitarists of All Time”". Arquivado dende o orixinal o 03 de decembro de 2013. Consultado o 28 de novembro de 2013.