Staind
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Staind | |
|---|---|
| Información | |
| Orixe | Springfield, Massachusetts, |
| Período | 1995 - actualidade |
| Xénero(s) | metal alternativo, rock alternativo, post-grunge, nu metal |
| Selo(s) discográfico(s) | Flip, Elektra, Atlantic, Roadrunner |
| Membros | Aaron Lewis Mike Mushok Johnny April |
| Antigos membros | Jon Wysocki |
| Web oficial | http://www.staind.com/ |
Staind é unha banda estadounidense de rock alternativo formada en 1995 en Springfield, Massachusetts. Durante 16 anos o grupo estivo composto polo vocalista e guitarrista Aaron Lewis, o guitarrista Mike Mushok, o baixista Johnny April e o batería Jon Wysocki (que marchou en maio do 2011). Ata a data Staind editou seis álbums de estudio: Tormented (1996), Dysfunction (1999), Break the Cycle (2001), 14 Shades of Grey (2003), Chapter V (2005) e The Illusion of Progress (2008). Recentemente remataron un álbum auto-titulado, o cal se agarda para setembro de 2011. A banda tamén conseguiu varios sinxelos que alcanzaron os postos máis altos das listas e levan vendidos ao redor dos 15 millóns de discos en todo o mundo.
Discografía [editar]
- Tormented (1996)
- Dysfunction (1999)
- Break the Cycle (2001)
- 14 Shades of Grey (2003)
- Chapter V (2005)
- The Illusion of Progress (2008)
- Staind (2011)
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Páxina oficial (en inglés)