Evanescence
| Evanescence | |
|---|---|
| Información | |
| Orixe | Little Rock (Arkansas), Estados Unidos |
| Período | 1994 - actualidade |
| Xénero(s) | rock alternativo, metal alternativo, metal gótico |
| Selo(s) discográfico(s) | Wind-up |
| Membros | Amy Lee Terry Balsamo Tim McCord |
| Antigos membros | Will Boyd Rocky Gray David Hodges John LeCompt Ben Moody |
| Web oficial | www.evanescence.com |
Evanescence é un grupo musical estadounidense, formado en Little Rock (Arkansas) en 1994. O seu estilo musical é rock-metal alternativo e metal gótico.
Índice |
Historia [editar]
A andaina deste grupo comezou nun campamento xuvenil cando se atoparon Ben Moody (guitarra) e Amy Lee (voz) hai varios anos, mentres ela estaba cantando. Ben e Amy comezaron a gravar cancións baixo o nome de Evanescence, con sons de metal e música electrónica que pouco a pouco comezaron a soar na radio. Despois disto David Hodges (teclados) únese á banda.
En 1999 gravan Sound asleep, que é só unha edición limitada de 50 copias. No 2000 gravan o seu primeiro álbum, Origin, como edición limitada e vendéronse todas as copias. Para as escenificacións en vivo uníanse Will Boyd (baixo), John Lecomp (guitarra) e Rock Gray (batería). Ese mesmo ano Hodges deixa a banda e Lecompt e Gray quedan como membros permanentes do grupo.
A súa música medraba en popularidade nos EUA e iso levou a que a súa canción Bring me to life, xunto co tema "My inmortal", fosen agregados á banda sonora da película Daredevil.
O 4 de marzo do 2003 edítase Fallen, a obra cumio do grupo ata o momento, onde demostran por qué chegaron a onde están. Da voz de Amy díxose que é capaz de crear noites enteiras de insomnio a quen a escoite. A finais do ano 2004 publican un disco do seu directo en París, Anywhere but home.
Con moitas influencias, Evanescence baséase en estrañas atmosferas de guitarras e teclados que se constrúen sobre ritmos que parecen sacados da tradición celta.
Discografía [editar]
- Fallen - 2003 (Wind-up)
- The Open Door - 2006 (Wind-up)
- Evanescence - 2011 (Wind-up)
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Páxina oficial do grupo
- Evanescenceturkey - Turkey fan site(eng/tur)