Primus
| Primus | |
|---|---|
| Información | |
| Orixe | El Sobrante, California, |
| Período | 1984 - 2000 2003 - actualidade |
| Xénero(s) | rock alternativo, funk metal, funk rock, rock experimental |
| Selo(s) discográfico(s) | Caroline, Interscope, Prawn Song |
| Membros | Les Claypool Larry LaLonde Jay Lane |
| Antigos membros | Tim Alexander Todd Huth Bryan "Brain" Mantia |
| Web oficial | http://www.primusville.com/ |
Primus é unha banda estadounidense de rock alternativo formado en 1984 en El Sobrante, California. Na actualidade está composta polo vocalista e baixista Les Claypool, o guitarrista Larry "Ler" LaLonde e o batería Jay Lane. Primus orixinalmente formárono Claypool, Todd Huth e Lane, deixando a banda os dous últimos despois do álbum de estrea, Suck on This, sendo reemprazados polo batería Tim "Herb" Alexander e o guitarrista Larry LaLonde. Con esta formación o grupo lanzou catro álbums de estudio: Frizzle Fry, Sailing the Seas of Cheese, Pork Soda e Tales from the Punchbowl. En 1996, Alexander deixou Primus e foi reemprazado por Bryan "Brain" Mantia, co cal editarían Brown Album e Antipop antes de que a banda entrase en hiato no ano 2000. O grupo é coñecido por crear o tema principal da serie de animación South Park en 1997.
No ano 2003, Claypool e LaLonde reunironse con Tim Alexander e editaron un DVD/EP, Animals Should Not Try to Act Like People, antes de xirar entre os anos 2003 e 2004. No 2010 anunciaron que Jay Lane, o seu batería orixinal, reunírase con eles para unha xira, e que posteriormente editarían dixitalmente o EP June 2010 Rehearsal de balde.
Primus caracterízase pola súa aproximación á música irreverente e a cotío "pouco seria". Moitos dos seus álbums foron editados polo selo de Claypool, Prawn Song Records, cuxo nome é unha parodia do selo de Led Zeppelin, Swan Song.
Discografía[editar]
- Suck on This - 1989 (Prawn Song Records/Caroline Records)
- Frizzle Fry - 1990 (Caroline Records)
- Sailing the Seas of Cheese - 1991 (Interscope Records)
- Pork Soda - 1993 (Interscope)
- Tales from the Punchbowl - 1995 (Interscope)
- Brown Album - 1997 (Interscope)
- Antipop - 1999 (Interscope, Prawn Song)
- Green Naugahyde - 2011 (ATO, Prawn Song)