Atreyu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Atreyu
TravisM-Atreyu.jpg
Información
Orixe Yorba Linda, California, Flag of the United States.svg
Período 1998 - actualidade
Xénero(s) metalcore, post-hardcore, metal alternativo
Selo(s) discográfico(s) Tribunal, Victory, Hollywood, Roadrunner
Membros Alex Varkatzas
Dan Jacobs
Travis Miguel
Marc McKnight
Brandon Saller
Antigos membros Tim Brooks
Chris Thomson
Brian O'Donnell
Kyle Stanley
Web oficial

Atreyu é unha banda estadounidense de metalcore procedente de Yorba Linda, California e formada en 1998. O grupo está composto polo vocalista Alex Varkatzas, os guitarristas Dan Jacobs e Travis Miguel, o baixista Marc McKnight e o batería/vocalista Brandon Saller. Orixinalmente chamouse "Retribution", pero posteriormente cambiaron o seu nome a "Atreyu" (por unha personaxe do libro/película de fantasía The Neverending Story), cando atoparon a outra banda de Hemet, California que tamén usaba o seu nome orixinal. Dende a súa formación Atreyu editou cinco álbums de estudio. No ano 2008 participaron na xira Projekt Revolution con Linkin Park e foi cabeza de cartel da Revolution Stage ao lado de 10 Years, Hawthorne Heights e Armor for Sleep.

Discografía [editar]