Stone Sour
| Stone Sour | |
|---|---|
| Información | |
| Orixe | Des Moines, Iowa, |
| Período | 1992 – 1997 2002 – actualidade |
| Xénero(s) | hard rock, metal alternativo, heavy metal, post-grunge |
| Selo(s) discográfico(s) | Roadrunner, Sony BMG |
| Membros | Corey Taylor Jim Root Josh Rand Roy Mayorga |
| Antigos membros | Joel Ekman Shawn Economaki |
| Web oficial | stonesour.com |
Stone Sour é unha banda estadounidense de hard rock procedente de Des Moines, Iowa e fundada en 1992. O grupo está composto por Corey Taylor (voces, guitarra, piano), Jim Root (guitarra, teclados), Josh Rand, (guitarra) e Roy Mayorga (batería, percusión). O batería orixinal Joel Ekman deixaría a banda en 2006, e o baixista Shawn Economaki no ano 2012. A banda actuou durante cinco anos despois da súa formación e separaríase en 1997, despois de que Taylor e Root se unisen a Slipknot. Stone Sour volvería a reunirse en 2002.
Ata a data o grupo leva publicados catro álbums de estudio, Stone Sour (2002), Come What(ever) May (2006); Audio Secrecy (2010) e House of Gold & Bones – Part 1 (2012). O seu seguinte traballo, House of Gold & Bones – Part 2, será editado o 13 de abril do ano 2013.
Discografía[editar]
- Stone Sour - 2002 (Roadrunner Records)
- Come What(ever) May - 2006 (Roadrunner Records)
- Audio Secrecy - 2010 (Roadrunner Records)
- House of Gold & Bones – Part 1 - 2012 (Roadrunner Records)