Kālidāsa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Kālidāsa
कालिदास
Nacemento: posiblemente no século IV
Falecemento: posiblemente no século V
no Imperio Gupta
Lingua: sánscrito
Xénero(s): drama sánscrito

Kālidāsa (devanagarī: कालिदास "servo de Kali") foi un escritor en sánscrito clásico, considerado o máis grande dos poetas e dramaturgos nesa lingua.

Traxectoria[editar]

Non se sabe exactamente cando viviu, seguramente no período Gupta, entre os século IV e VI. Reputado como piadoso seguidor de Shiva, a súa escrita baséase na mitoloxía e filosofía hindú.

Pouco é o que se coñece da súa vida, das súas poesías dedúcese que era un brahmán, coñécense seis das súas obras, mais tradicionalmente sonlle atribuídas outras moitas. O drama Abhijñānaśākuntalam (o recoñecemento de Shakuntala) é a súa creación máis famosa, considerada unha das obras mestras da literatura india e unha das primeiras en se coñecer en Occidente, traduciuna William Jones ao inglés en 1789 e recibiu o recoñecemento de Goethe.

Tamén é moi popular o seu poema lírico Meghadūta ("a nube mensaxeira").