Kátia Guerreiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Katia Guerreiro
Nome completo Katia d'Almeida d’Oliveira Rosado Guerreiro Ochoa
Naceu 23 de febreiro de 1976, Vanderbijlpark, África do Sur
Orixe Portugal Portugal
Ocupación (s) Médica
Xénero fado
Relacionado con João Braga
Web katiaguerreiro.blogs.sapo.pt

Kátia d'Almeida d’Oliveira Rosado Guerreiro Ochoa, coñecida artisticamente como Kátia Guerreiro, nada o 23 de febreiro de 1976 en Vanderbijlpark, África do Sur, é unha fadista e médica portuguesa. Divide a súa vida entre as paixóns pola música e pola medicina. É unha das máis internacionais fadistas portuguesas. O seu fado caracterízase por unha grande riqueza lírica, cantando escritores portugueses contemporáneos, con destaque para António Lobo Antunes.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Tivo un percorrido xeograficamente atribulado. Naceu na África do Sur, creceu nas Azores, onde frecuentou un rancho folclórico e licenciouse en Lisboa, en Medicina. Traballou no Hospital Distrital de Évora e, máis tarde, regresou á capital para se especializar en Oftalmoloxía. Foi durante o curso que descubriu a súa vea fadista, en convivencia con colegas e, de forma un pouco máis seria, en concertos, após o desafío feito pola parella de guitarristas formada por Paulo Parreira e João Veiga.

Coa mesma parella e o viola-baixo Armando Figueiredo, e apadriñada polo fadista João Braga, estreouse en 2001 co disco "Fado Maior". O álbum, editado pola Ocarina, coñeceu grande suceso internacional, tendo sido editado no Xapón e na Corea do Sur. Entre outros temas, inclúe fados popularizados por Amália Rodrigues, a súa maior influencia, e poemas musicados de Fernando Pessoa, Sophia de Mello Breyner Andresen e António Lobo Antunes.

En 2003, tamén pola Ocarina, lanzou o álbum "Nas Mãos do Fado". O título é unha referencia á máis característica das súas poses en palco: as mans agarradas atrás das costas. Volta a cantar António Lobo Antunes e, pola primeira vez, visita outra das súas grandes referencias, Dulce Pontes.

A presenza de Dulce Pontes acentúase no álbum seguinte, "Tudo ou Nada", de 2005, en que esta escribiu de propósito o tema "Caravela". Con edición da Som Livre, é o máis ousado dos discos de Kátia Guerreiro, contando con unha versión de "Saudades do Brasil en Portugal", de António Carlos Jobim, e de "Menina do Alto da Serra", versión do tema con que Tonicha venceu o Festival RTP da Canção de 1971. O disco conta aínda coa participación do pianista de jazz Bernardo Sassetti, no tema "Minha Senhora das Dores".

Máis unha vez canta António Lobo Antunes e homenaxea a poetisa Sophia de Mello Breyner Andresen. Nese mesmo ano, foi presentada como mandataria da xuventude da candidatura de Aníbal Cavaco Silva á Presidencia da República portuguesa para as eleccións de 2006.

En 2006 foi editada unha caixa cos seus primeiros dous discos e o álbum "Tudo Ou Nada" foi reeditado, destacándose a colaboración do brasileiro Ney Matogrosso.

Katia Guerreiro xa deu concertos por todo o mundo, en locais tan diversos como o Xapón, Marrocos, a Turquía, a Francia (a parte europea e a Nova Caledonia), os Países Baixos, a Suecia, o Brasil, a Bulgaria, Macau (China), a Rusia ou España.


Discografía[editar | editar a fonte]

Fado Maior (2001)[editar | editar a fonte]

1. "Asas" (3:30) (Maria Luisa Baptista/Georgino de Sousa (fado Georgino))
2. "Algemas" (3:23) (Álvaro Duarte Simões)
3. "Amor de mel, amor de fel" (3:08) (Amália Rodrigues/Carlos Gonçalves)
4. "As rosas / promessa" (2:03) (Sophia Mello Breyner/João Mário Veiga)
5. "Guitarra triste" (2:47) (Álvaro Duarte Simões)
6. "Avé Maria (3:37)" (Fernando Pessoa/João Mário Veiga)
7. "Incerteza (2:00)" (João Mário Veiga/Miguel Ramos (fado alberto))
8. "Asa de vento (3:23)" (Amália Rodrigues/Carlos Gonçalves)
9. "É noite na mouraria" (2:25) (José Maria Rodrigues/António Mestre)
10. "Minha Lisboa de mim" (3:49) (Nuno Gomes dos Santos/Silvestre Fonseca)
11. "A Mariquinhas vai à fonte" (2:24) (Maria Manuel Cid/Música popular)
12. "Esquina de um tempo" (3:00) (Maria Luisa Baptista/Paulo Parreira e Katia Guerreiro)

Nas Mãos do Fado (2003)[editar | editar a fonte]

1. "Os meus versos" (Florbela Espanca/Paulo Valentim)
2. "Valsa" (António Lobo Antunes/Miguel Ramos (fado margaridas))
3. "Dança das Sete Luas" (Ana Vidal/João Veiga)
4. "Vodka e Valium 10" (António Lobo Antunes/Armando Machado (fado fé))
5. "Segredos" (Paulo Valentim)
6. "O teu encanto" (João Veiga)
7. "Ancorado em mim" (Ana Vidal/Armando Machado (fado santa luzia))
8. "Perdigão" (Luís Vaz de Camões/Alain Oulman)
9. "O que fôr há-de ser" (Dulce Pontes)
10. "Rosa Vermelha" (José Carlos Ary dos Santos/Alain Oulman)
11. "Recado" (António Lobo Antunes/Katia Guerreiro e João Veiga)
12. "Voz do Vento" (Maria Luísa Baptista/ fado menor (dr))
13. "Romper Madrugadas" (Paulo Valentim/Paulo Valentim e João Veiga)
14. "Meu principezinho" (Katia Guerreiro/fado joão maria dos anjos (sextilhas))
15. "Chora, Mariquinhas chora" (Amália Rodrigues/José Fontes Rocha)

Tudo ou Nada (2005)[editar | editar a fonte]

1. "Disse-te adeus à partida, o mar acaba ao teu lado (4:34)" (António Lobos Antunes/SPA)
2. "Despedida" (2:55) (António Calém/SPA))
3. "Ser tudo ou nada" (3:01) (João Veiga/SPA)
4. "Muda tudo, até o mundo" (1:32) (Maria Luísa Baptista/SPA)"
5. "Minha Senhora das Dores" (3:51) (Jorge Rosa/SPA)
6. "Canto da fantasia" (3:19) (Paulo Valentim/SPA)
7. "Vaga" (2:53) (Rodrigo Serrão/SPA)
8. "Dulce caravela" (2:59) (Dulce Pontes)
9. "Quando" (3:09) (Sophia de Mello Breyner/SPA)
10. "Menina do alto da Serra" (2:42) (José Carlos Ary dos Santos/SPA)
11. "Saudades do Brasil em Portugal" (4:00) (Vinicius de Moraes)
12. "O meu navio" (2:08) (Rodrigo Serrão/SPA)
13. "Talvez não saibas" (4:32) (Joaquim Pessoa/SPA)
14. "Tenho uma saia rodada" (1:36) (Maria Luísa Baptista/SPA)
15. "Menina do alto da Serra" - faixa bónus, participação especial de Ney Matogrosso (2:53) (Nuno Nazaré Fernandes/Ary dos Santos/SPA)
16. "Lábios de mel" - faixa bónus, participação especial de Ney Matogrosso (3:17) (Waldir Rocha/PEERMUSIC)

Fado (2008)[editar | editar a fonte]

1. "Fado dos olhos" (Florbela Espanca/Carlos Ramos (Fado das Horas — pop))
2. "Pranto de amor ausente" (Paulo Valentim)
3. "A voz da poesia" (Katia Guerreiro/Rui Veloso)
4. "Ponham flores na mesa" (Fernando Tavares Rodrigues/Joaquim Campos Silva (Fado Tango))
5. "Estranha paixão" (João Veiga/Pedro Pinhal)
6. "Casa da colina" (Maria Luísa Baptista/Rodrigo Serrão)
7. "A cidade saudade" (Rodrigo Serrão/Casimiro Ramos (Fado Três Bairros))
8. "A nossa gente, o nosso fado" (Rodrigo Serrão/Mário Pacheco)
9. "Renasce" (João Veiga)
10. "Lírio roxo" (António Gedeão/Francisco Viana (Fado Vianinha))
11. "Poema da malta das naus" (António Gedeão/Paulo Valentim)
12. "Mundo" (Fernando Tavares Rodrigues/Júlio Proença (Fado Esmeraldinha))
13. "Lisboa" (Charles Aznavour)
14. "Eu queria cantar-te um fado" (António de Sousa Freitas/Franklin Godinho (Fado Franklin de Sextilhas))

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]