Sophia de Mello Breyner

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sophia de Mello Breyner Andresen
Datos persoais
Nacemento 6 de novembro de 1919
Lugar Porto, Portugal
Falecemento 2 de xullo de 2004
Lugar Lisboa, Portugal
Soterrado {{{soterrado}}}
Soterrada {{{soterrada}}}
Residencia {{{residencia}}}
Nacionalidade {{{nacionalidade}}}
Cónxuxe {{{cónxuxe}}}
Fillos {{{fillos}}}
Relixión {{{relixión}}}
Actividade
Lingua {{{lingua}}}
Lingua portuguesa
Período {{{período}}}
Movemento {{{movemento}}}
Xéneros
Princ. obras {{{obras}}}
Alma mater {{{alma_mater}}}
Estudos {{{estudos}}}
Ocupación {{{ocupación}}}
Profesión {{{profesión}}}
Organización {{{organización}}}
Cargos {{{cargos}}}
[[Ficheiro:|centro|]]
{{{web}}}

Sophia de Mello Breyner Andresen, nada no Porto o 6 de novembro de 1919 e finada en Lisboa o 2 de xullo de 2004[1], foi unha das máis importantes poetisas portuguesas do século XX.

Distinguida co Premio Camões, en 1999, converténdose na primeira muller portuguesa en recibir o máis importante galardón literario da lingua portuguesa. Así mesmo, foi membro da Academia das Ciencias de Lisboa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou Filoloxía Clásica na Universidade de Lisboa, pero non chegou a terminar. Casou, en 1946, co xornalista, político e avogado Francisco Sousa Tavares e foi nai de cinco fillos: unha misioneira laica, unha profesora universitaria de Letras, un avogado e xornalista de renome, (Miguel Sousa Tavares), un pintor e ceramista e, para rematar, unha filla que herdou o nome da nai. Os fillos motivárona a escribir contos infantís.

Ten orixes daneses por parte paterno: o seu avó Jan Henrik Andresen desembarcou un día en |Porto e non abandonou xamais esta rexión. Cara ao ano 1890, ao mesmo tempo que tivo ao seu fillo João Henrique, comprou a leira do Campo Alegre. Como afirmou na entrevista "Sophia e a Palavra", publicada no número 26 da revista Noesis (1993), esa leira "foi um território fabuloso com uma grande e rica família servida por uma criadagem numerosa".

Criada na vella aristocracia portuguesa, educada nos valores tradicionais da moral cristiá, dirixente de movementos universitarios católicos, converteuse nunha das figuras máis representativas dunha posición política liberal, denunciando os falsos criterios do réxime salazarista e os seus seguidores máis radicais [2]. En 1975, foi electa para a Asemblea Constituínte pola circunscrición do Porto nunha lista do Partido Socialista, mentres o seu marido inclinábase polo Partido Social Demócrata.

Tamén se distinguiu como novelista (Contos Exemplares) e autora de libros infantís (A Menina do Mar, O Cavaleiro da Dinamarca, A Floresta, O Rapaz de Bronze, A Fada Oriana, etc.).

Foi tamén tradutora de Dante Alighieri e de Shakespeare.

En 1964 recibiu o Grande Premio de Poesia, Gran Premio de Poesía, pola Sociedade Portuguesa de Escritores, Sociedade Portuguesa de Escritores, polo seu libro Livro sexto. Foi distinguida co Premio Camões en 1999, no ano 2000 co Premio Rosalía de Castro, do Pen Club Galego e co Premio Reina Sofía en 2003.

Sophia de Mello Breyner morreu aos 84 anos o día 2 de xullo de 2004 no Hospital da Cruz Vermella.

Obra[editar | editar a fonte]

Da súa infancia e xuventude, a autora recorda sobre todo a importancia das casas, lembranza que terá grande impacto na súa obra, ao describir as casas e os obxectos dentro delas, dos cales se lembra. Explica iso do seguinte modo: "Teño muita memória visual e lémbrome sempre das casas, quarto por quarto, móvel por móvel e lémbrome de muitas casas que desaparecéran da miña vida (…). Eu tento «representar», quer dizer, «volver a tornar presentes» as cousas de que gostei e é iso o que se pasa coas casas: quero que a memoria delas non vá á deriva, non se perca"[3]

Está presente en Sofia tamén unha idea da poesía como valor transformador fundamental. A súa produción corresponde a ciclos específicos, co cume da actividade da escrita durante a noite: "non consigo escrever de mañá, (…) preciso daquela concentración especial que se vai creando pola noite fora.".[4] A vivencia nocturna da autora é subliñada en varios poemas ("Noite", "O luar", "O jardim e a noite", "Noite de Abril", "Ó noite"). Aceptaba a noción de poeta inspirado, afirmaba que a súa poesía lle acontecía, como a Fernando Pessoa: "Fernando Pessoa dicía: «Aconteceume un poema». A miña maneira de escribir fundamental é moi próxima deste «acontecer». (…) Encontrei a poesía antes de saber que había literatura. Pensaba mesmo que os poemas non eran escritos por ninguén, que existían en si mesmos, por si mesmos, que eran como un elemento natural, que estaban suspensos inmanentes (…). É difícil describir o facer dun poema. Hai sempre unha parte que non consigo distinguir, unha parte que se pasa na zona onde eu non vexo.".[5] A súa propia vida e as súas propias lembranzas son unha inspiración para a Autora, pois, como refire Dulce Maria Quintela (1981:112), ela "fala de si, a través da súa poesía".

Sofia de Melo fíxose poeta xa na súa infancia, cando, tendo apenas tres anos, foi ensinada "A Nau Catrineta" (Quintela, op.cit:112):

"Había en miña casa unha criada, chamada Laura, de quen eu gostava muito. Era unha muller xove, loura, moi bonita. A Laura ensinoume a "Nau Catrineta" porque había un primo meu mais vello a quen tiñan feito aprender un poema para dizer no Natal e ela non quis que eu ficasse atrás… Fui un fenómeno, a recitar a "Nau Catrineta", toda. Mas há mais encontros, encontros fundamentais coa poesía: a recitación da "Magnífica", nas noites de trovoada, por exemplo. Quando éramos un pouco mais vellos, tíñamos unha gobernanta que nesas noites queimava alecrim, acendía unha vela e rezava. Era un ambiente misto de relixión e maxía… E de certa forma nesas noites de temporal naceram muitas cousas. Inclusivamente, unha certa preocupación social e humana ou a miña primeira consciencia da dureza da vida dos outros, porque esa governanta dicía: «Agora ándan os pescadores no mar, vamos rezar para que eles cheguen a terra» (…)."[6]

Baseándonos nas observacións de Luísa Pessoa (2006), vamos desenvolver algúns dos tópicos mais relevantes na súa creación literaria:

A infancia e xuventude – constitúen para a Autora un espazo de referencia ("O jardim e a casa", Poesia, 1944; "Casa", Geografia, 1967; "Casa Branca", Poesia, 1944; "Jardim Perdido", Poesia, 1944; "Jardim e a Noite", Poesia, 1944).

O contacto coa Natureza tamén marcou profundamente a súa obra. Era para a Autora un exemplo de liberdade, beleza, perfección e de misterio e é largamente citada da súa obra, quer citada pelas alusións á terra (árbores, paxaros, o luar), quer polas referencias ao mar (praia, conchas, ondas).

O Mar é un dos conceptos-chave na creación literaria de Sofia de Melo Breyner: "Desde a orla do mar/ Onde tudo começou intacto no primeiro dia de mim".[7] O efecto literario da inspiración no Mar pode se observar en varios poemas, como por exemplo, "Homens à beira-mar" ou "Mulheres à beira-mar". A Autora comenta iso do seguinte modo:

"Eses poemas teñen que ver coas mañás da Granja, coas mañás da praia. E tamén cun cadro de Picasso. Hai un cadro de Picasso chamado Mulleres á beira-mar. Ninguén dirá que a pintura de Picasso e a poesía de Lorca teñan tido unha enorme influencia na miña poesía, sobre tudo na época do Coral… E unha das influencias do Picasso en min foi levarme a deslocar as imaxes."

Outros exemplos en que claramente se percebe o motivo do mar son: "Mar" en Poesia, 1944; "Inicial" en Dual, 1972; "Praia" en No Tempo dividido; "Praia" en Coral, 1950; "Açores" en O Nome das Coisas, 1977. Neles exprésase a obsesión do mar, da súa beleza, da súa serenidade e dos seus mitos. O Mar xorde aquí como símbolo da dinámica da vida. Todo ven del e todo a el regresa. É o espazo da vida, das transformacións e da morte.

A cidade constitúe outro motivo frecuentemente repetido na obra de SMB ("Cidade" en Livro Sexto, 1962; "Há Cidades Acesas", Poesia, 1944; "Cidade" en Livro Sexto, 1962; "Fúrias", Ilhas, 1989). A cidade é aquí un espazo negativo. Representa o mundo frío, artificial, hostil e deshumanizado, o contrario da natureza e da seguranza.

Outro tópico acentuado con frecuencia na obra de Sofia é o tempo: o dividido e o absoluto que se opoñen. O primeiro é o tempo da soidade, medo e mentira, mentres o tempo absoluto é eterno, une a vida e é o tempo dos valores morais ("Este é o Tempo", Mar Novo, 1958; "O Tempo Dividido", No Tempo Dividido, 1954). Segundo Eduardo Prado Coelho,[8] o tempo dividido é o tempo do exilio da casa, asociado coa cidade, porque a cidade é tamén feita polo torcer de tempo, pola degradación.

Sofia de Melo era admiradora da literatura clásica. Nos seus poemas aparecen frecuentemente palabras de grafía antiga (Eurydice, Delphos, Amphora). O culto pola arte e tradición propias da civilización grega sonlle próximos e transparecem pola súa obra ("O Rei de Ítaca", O Nome das Coisas, 1977; "Os Gregos", Dual, 1972; "Exílio", O Nome das Coisas, 1977; "Soneto de Eurydice", No Tempo Dividido, "Crepúsculo dos Deuses", Geografia; "O Rei de Ítaca", O Nome das Coisas, 1977; "Ressurgiremos", Livro Sexto, 1962).

Alén dos aspectos temáticos referidos, varios autores (Pessoa, op.cit:64-71; Quintela, 1981:112-114; Sena, 1988:174; Berrini, 1985[9]) subliñan a enorme influencia de Fernando Pessoa na obra de Sofia de Melo Breyner. O que os dous autores teñen en común é: a influencia de Platon, o apelo ao infinito, a memoria de infancia, o sebastianismo e o mesianismo, o ton formal que evoca Álvaro de Campos. A figura de Pessoa encóntrase evocada múltiplas veces nos poemas de Sofia ("Homenagem a Ricardo Reis", Dual, 1972; "Cíclades (evocando Fernando Pessoa)", O Nome das Coisas, 1977).

De modo xeral, o universo temático da Autora é abranxente e pode ser representado polos seguintes puntos resumidos (Besse, 1990, 11,13; Pessoa, 2006:15):

Cuanto ao estilo de linguaxe de Sofia de Melo Breyner, podemos constatar que, como refire Besse (op.cit: 14), Sofia de Melo Breyner ten un estilo característico, cuxas marcas mais evidentes son: o valor hierático da palabra, a expresión rigorosa, o apelo á visión clarificadora, riqueza de símbolos e alegorías, sinestesias e ritmo evocador dunha dimensión ritual. Nótase unha "transparencia da palabra na súa relación da linguaxe coas cousas, a luminosidade dun mundo onde intelecto e ritmo se harmoniza na forma melódica, perfecta".[10]

A opinión sobre ela de algúns dos mais importantes críticos literarios portugueses é a mesma: o talento da autora é unanimemente apreciado. Eduardo Lourenço afirma que Sofia de Melo Breyner ten unha sabedoría "mais funda do que o simples saber", que o seu coñecemento íntimo é inmenso e a sú reflexión, por mais profunda que sexa, está exposta nunha simplicidade orixinal.[11] Seguen algúns exemplos doutros estudosos a comprobar esa opinión:

"A súa sensibilidade de poeta oscila entre o modernismo de expresión e un clasicismo de ton, caracterizado por unha sobriedade extremadamente dominada e por unha lucidez dialéctica que coloca moitas das súas composicións na liña dos nosos mellores clásicos." (Álvaro Manuel Machado, Quem é Quem na Literatura Portuguesa)

"Sofia de Melo Breyner Andersen é, quanto a nós, un caso sen par na poesía portuguesa, non só pola difusa sedución dos temas ou polos rigores da expresión, mas sobre todo por calquera cousa, anterior a iso todo, en que todo iso se reflicte: unha rara esixencia de esencialidade". (David Mourão-Ferreira, Vinte Poetas Contemporâneos)

"A poesía de Sofia de Melo Breyner Andersen é (…) unha das voces mais nobres da poesía portuguesa do noso tempo. Entendamos, por sob a música dos seus versos, un apelo xeneroso, unha comuñón humana, un calor de vida, unha franqueza rude no amor, un clamor irredutíbel de liberdade – aos cales, como o poeta ensina, debemos erguernos sen compromisos nin vacilacións." (Jorge de Sena, "Alguns Poetas de 1938" in Colóquio Artes e Letras, nº 1, Janeiro de 1959)

Obras[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Nova do falecemento en A Folha de São Paulo
  2. Biografía en As Tormentas
  3. Entrevista concedida a Eduardo do Prado Coelho, in ICALP REVISTA, nº 6, 1986, 60-61.
  4. ibidem.,p.62
  5. Sofia de Melo Breyner, in rev. Crítica, 1972
  6. Dados colhidos na entrevista de Maria Armanda Passos, "Sophia, um retrato", in Jornal de Letras, nº 26, Fevereiro de 1982
  7. Sofia de Melo Breyner Andersen, in "Dual"
  8. "Sophia, a Lírica e a Lógica" in Coloqio, nº 57, 1981
  9. Beatriz Berrini, "Referencia a Sophia" in Eça e Pessoa, Regra de Jogo, Lisboa, 1985
  10. "Sophia de Mello Breyner deu vigor à poesia sobre o homem moderno" (en portugués). http://www1.folha.uol.com.br/folha/ilustrada/ult90u45631.shtml. 
  11. Eduardo Lourenço, prefacio á Antologia, Figueirinhas, Porto, 1985, pp.7-8

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]