Oswald Spengler

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Oswald Spengler

Oswald Spengler (18801936) foi un filósofo alemán, nado en Blankenburg, Harz o 29 de maio de 1880. Logo dos estudos universitarios en Múnic, Berlín e Halle, foi profesor de matemáticas en Hamburgo, mais abandonou rapidamente o ensino para consagrarse á escritura da súa obra magna : A Decadencia de Occidente. Escrita antes da Primeira Guerra Mundial, e publicada a súa primeira parte en 1918, daríalle fama en todo o mundo. Na Alemaña converteuse nun dos autores de referencia da « Revolución conservadora » que se oporá á Alemaña de Weimar.

A Decadencia de Occidente é unha obra de síntese histórica que reúne á vez a economía política e a política, as ciencias e as matemáticas, as artes plásticas e a música. Nela analiza a historia diferenciando as grandes culturas históricas, que semellantes a seres biolóxicos, nacen, viven, declinan e morren. Spengler distinguiu oito grandes culturas principais e tres actitudes principais propias de Occidente : a actitude apolínea, a actitude máxica e a actitude fáustica.

Esta síntese aparece á vez fría e lúcida. Spengler é un dos últimos autores sobrecollidos polo romanticismo do fracaso das civilizacións e a melancolía do fín do mundo.

Desenvolveu ademais unha visión cíclica ou « esférica » da historia, con o que esta carece de sentidos. Cada cultura está determinada polo súa herdanza, os seus valores e o seu sentimento do destino. A obra inspirou a numerosos autores contemporáneos : Thomas Mann, Ernst Jünger, Emil Cioran, Martin Heidegger, Raymond Aron, Arnold Toynbee.

Obras (selección)[editar | editar a fonte]