Centristas de Galicia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Centristas de Galicia foi un partido político galego activo na provincia de Ourense entre 1985 e 1991. Xurdiu como escisión de Coalición Galega, aglutinaba a unha boa parte dos alcaldes da provincia procedentes da antiga UCD, presentouse en coalición co Partido Popular á maioría das eleccións, partido no que acabaría integrándose. Nas eleccións municipais de 26 de maio de 1991 formou con outras forzas a Converxencia Nacionalista Galega que acadou 137 concelleiros e 52.196 votos [1]. En referencia á preparación do Congreso extraordinario de integración no PPdG Manuel Fraga Iribarne dixo que o nacionalismo ben entendido daba un gran paso [2].

Victorino Núñez que chegou a ser Presidente do Parlamento de Galicia e Xosé Luís Baltar, presidente da Deputación de Ourense tras a marcha do anterior, foron os seus principais dirixentes. En 1991 desaparece e intégrase no Partido Popular. No 2004, Xosé Luís Baltar dicía[3] que pensaba en facer renacer este partido por problemas co Goberno Fraga.

[editar] Notas

  1. [http.//www.mi.es/mir.es/MIR/jsp/resultados/index.htm]resultados eleccións municipais na que se presentou Converxencia Nacionalista Galega
  2. A Gran Historia de Galicia, volume 2. Ed. La Voz de Galicia, pax. 125. ISBN 978-84-96931-32-9
  3. http://www.eldia.es+(22/09/2004) O presidente do PP de Ourense admite discrepancias co Goberno de Fraga (español). Consultado o 27/02/2009.
Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas