Jordi Savall

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
JORDI SAVALL
Jordi Savall 20070116 Fnac 6.jpg
Jordi Savall
Nome completo Jordi Savall i Bernadet
Naceu 29 de decembro de 1941
Orixe Igualada, Cataluña Flag of Catalonia.svg
Ocupación (s) Violagambista, director de orquestra e musicólogo
Xénero Música medieval, renacentista e barroca
Instrumento(s) Viola de gamba
Selo(s) discográfico (s) Hispavox, Columbia Records, EMI, Virgin Records, Astrée, Auvidis, Näive, Alia Vox
Na rede
Jordi Savall

Jordi Savall i Bernadet, nado en Igualada, en 1941, é un violagambista, director de orquestra e musicólogo catalán, especializado en música antiga.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Jordi Savall comezou a estudar música aos seis anos na súa cidade natal, Igualada. En 1965 rematou os seus estudos superiores de música e violonchelo no Conservatorio de Barcelona.

En 1968 trasladouse a Suíza para ampliar a súa formación na Schola Cantorum Basiliensis, reivindicando un instrumento antigo case esquecido, a viola de gamba, e defendendo a importancia da música antiga da Península Ibérica. Neste centro foi discípulo do mestre August Wenzinger, a quen sucedeu en 1973.

En 1970 comezou unha exitosa carreira como intérprete de viola de gamba, da que é considerado pola crítica como un dos máis grandes intérpretes. Entre 1974 e 1989 fundou tres conxuntos, Hespèrion XX (1974, agora Hespèrion XXI), La Capella Reial de Catalunya (1987) e Le Concert des Nations (1989), con repertorios que van dende a Idade Media ao século XIX, mais sempre interpretados co máximo rigor histórico.

Dirixiu orquestras de prestixio coma a Orquestra Sinfónica da Fundación Calouste Gulbenkian, a Orquestra Camerata de Salzburgo, a Wiener Kammerorchester e a Philarmonia Baroque Orchestra de San Francisco.

Recoñecementos e galardóns[editar | editar a fonte]

Durante máis de 25 anos de reivindicación da música antiga, Jordi Savall recibiu numerosas distincións: En 1988 foi nomeado «Officier de l'Ordre des Artes et des Lettres» polo Ministerio de Cultura de Francia. En 1990 recibiu a Creu de Sant Jordi da Generalitat de Catalunya. En 1998, o Ministerio de Cultura de España outorgoulle a Medalla de Ouro das Belas Artes, e dende 1999 é Membro de Honra da Konzerthaus de Viena. Tamén recibiu o Premio de Honra da Fundación Jaume I, e foi investido Doutor Honoris Causa pola Université Catholique de Louvain (Bélxica).

Obra[editar | editar a fonte]

A súa discografía supera o centenar de gravacións en diferentes selos, polos cales recibiu máis de cincuenta premios internacionais. Dende 1998 edita os seus discos co seu selo propio, ALIA VOX.[1]

O seu traballo tamén inclúe a música para películas, gañando un César (mellor música) en 1992 coa banda sonora de Tous les matins du monde, e resultando nominado nos mesmos premios en 1998 pola partitura de Marquise.

  • 1991 - Tous les matins du monde, de Alain Corneau.
  • 1993 - El Pájaro de la felicidad, de Pilar Miró.
  • 1993 - Jeanne la Pucelle I: Les batailles, de Jacques Rivette.
  • 1994 - Jeanne la Pucelle II: Les prisons, de Jacques Rivette.
  • 1997 - Hosszú alkony, de Attila Janisch.
  • 1997 - Marquise, de Vera Belmont.
  • 1997 - Secret defense, de Jacques Rivette.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Véxase ALIA VOX, en: www.alia-vox.com