Conservatorio Superior de Música do Liceo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Conservatori Superior de Música del Liceu
Conservatori liceu.jpg
Sede do Conservatori del Liceu
Localización: Barcelona, Cataluña Cataluña
Reitor:
Estudantes:
Enderezo: C/ Nou de la Rambla, 88
08001. Barcelona
Páxina web: www.conservatori-liceu.es

O Conservatorio Superior de Música do Liceo (en catalán: Conservatori Superior de Música del Liceu) de Barcelona, fundado en 1837, é unha das escolas de música máis importantes e prestixiosas de Cataluña e de todo o Estado. Dende o 2009 o conservatorio está localizado no número 88 do Carrer Nou de la Rambla de Barcelona, logo de deixar a súa antiga sede na Plaça de Urquinaona da capital catalá, onde na actualidade se encontra o Centre Professional de Música del Liceu, un centro de estudos musical no que se imparten ensinanzas de Grao Profesional de Música, a aula de música moderna e jazz, e a escola de música.[1][2]

Esta institución chegou a ter unha importancia primordial para a vida musical, non só de Barcelona senón de todo o mundo.[3]

Historia[editar | editar a fonte]

Edificio do Conservatorio Superior de Música del Liceo, na Praza Urquinaona, esquina Via Laietana de Barcelona.

O 21 de febreiro de 1837 constituiuse a Sociedad Dramática de Aficionados por un grupo de persoas presididas polo comandante Manuel Gibert i Sans, que implantou un centro de ensino adicado á música, o canto e á arte dramática en Barcelona. Ao cabo duns meses, o 10 de novembro, a sociedade pasou a denominarse Liceo Filarmónico Dramático de Montesión. O 27 de abril do ano seguinte celebrouse no Concello de Barcelona o acto de inauguración das cátedras do Liceo, e o 25 de xuño a institución mudaba o seu nome por Orde Real polo de Liceo Filarmónico Dramático de S.M. la Reina Isabel II, autorizando a raíña rexente María Cristina para que a sociedade levase o nome da súa filla.[4]

En 1847, a institución inaugurou o Gran Teatro do Liceo. En 1854, o conservatorio e o teatro separáronse administrativamente, mais ao longo da súa existencia, ata a data, mantiveron unha interrelación permanente entrámbalas institucións.

Centros[editar | editar a fonte]

Conservatorio Superior de Música
Centro Profesional
Escolas de Música

Dirección[editar | editar a fonte]

Gran Teatro do Liceo na Rambla de Barcelona.

Os directores do Conservatorio foron:

Mestres e alumnado[editar | editar a fonte]

Entre os mestres destacados que pasaron pola institución destacan:

Nas súas aulas formáronse, entre outros:

Fundación[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Centre Profesional Conservatori Liceu (Contacto)
  2. Conservatori Superior (Contacto)
  3. Pullen, Robert; Jay-Taylor, Stephen (1995). Montserrat Caballé. Casta diva. Barcelona: Plaza & Janés. ISBN 84-01-37546-0. 
  4. Historia na web do Conservatorio

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns[editar | editar a fonte]