Orquestra Gulbenkian

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Orquestra Gulbenkian é unha orquestra sinfónica da cidade de Lisboa (Portugal). A orquestra ofrece os seus concertos no Grande Auditório (Gran Auditorio) da Fundación Calouste Gulbenkian.

Historia[editar | editar a fonte]

En 1962, a Fundación Calouste Gulbenkian decidiu establecer unha orquestra permanente, inicialmente constituído por doce integrantes (cordas e baixo continuo), orixinalmente foi denominada Orquestra de Câmara Gulbenkian. Progresivamente foi ampliada, contando actualmente cun plantel de 66 músicos, con capacidade de ampliación segundo as esixencias do programa, esta constitución permite à Orquestra Gulbenkian abordar un amplo repertorio que abrange todo o período clásico, unha parte importante da literatura orquestral do século XIX, e moita da música do século XX. Obras pertencentes ao repertório tradicional das grandes formación tradicionais, especialmente a produción orquestra de compositores como Haydn, Mozart, Beethoven, Schubert, Mendelssohn ou Schumann (podendo ser realizadas en versións máis próximas aos efectivos orquestrais para as que foron orixinalmente concebidas, no que respecta ao equilibrio da arquitectura sonora interior).. En 1971 adoptou a denominación Orquestra Gulbenkian.

Dende o 2002, o seu director principal é Lawrence Foster. Claudio Scimone, o principal director dende 1979 ata 1986, ostenta actualmente o título de Director Honorífico. O principal director asociado é actualmente Simone Young.

No plano internacional, a orquestra foi ampliando progresivamente a súa actividade, tendo actuado arredor de todo o mundo. A Orquestra Gulbenkian realizou o seu debut nos Estados Unidos en Novembro de 1997 en Newark (Nova Jersey).[1] [2]

En cada tempada, a orquestra realiza unha serie regular de concertos no Grande Auditório Gulbenkian de Lisboa, colaborando con algúns dos maiores nomes do mundo da música (tanto directores como solistas), actuando igualmente en diversas localidades do país, cumprindo deste xeito unha significativa función descentralizadora.

Discografía[editar | editar a fonte]

A orquestra conta con numerosas gravacións con selos como Teldec[3], Virgin Classics, Philips, Deutsche Grammophon, Hyperio, Naïve entre outras,[4] sendo recoñecidas con numerosos premios de prestixio.

Entre os seus últimos proxectos discográficos, salientar a primeira gravación mundial do Requiem de Salieri e un CD con obras de Ligeti, Kodály e Bartók, ambos baixo a dirección de Lawrence Foster e editados por Pentatone. Máis recentemente, a Orquestra Gulbenkian gravou un disco adicado ao público xuvenil – Pedro e o Lobo, de Prokofiev, O Carnaval dos Animais, de Saint-Saëns, Guia da Orquestra para Novos, de Britten –, baixo a dirección de [[Joana Carneiro.

Directores principais[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]