Jim O'Rourke

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJim O'Rourke

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento18 de xaneiro de 1969 Editar o valor em Wikidata (55 anos)
Chicago, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaXapón Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónDePaul University (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónguitarrista , músico , compositor de bandas sonoras , produtor musical Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoMúsica experimental e indie rock Editar o valor em Wikidata
InstrumentoGuitarra, baixo, baixo e instrumento musical electrónico Editar o valor em Wikidata
Selo discográficoDrag City Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0642553 Allocine: 156834 Allmovie: p192539
Twitter: steamroomlive Bandcamp: steamroom Spotify: 46urSPEzIrRVqKqciwOq2f Last fm: Jim+O Musicbrainz: 172aab84-4c01-4dc0-b2ad-e723033e10ec Songkick: 242014 Discogs: 3550 Allmusic: mn0000756318 Editar o valor em Wikidata

Jim O’Rourke nado en Chicago o 18 de xuño de 1969, é un músico e produtor estadounidense, asociado durante moito tempo á escena experimental de Chicago. Ao redor do ano 2000 mudouse a Nova York antes de trasladarse a Toquio, onde reside.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Coñecido por ter gustos excéntricos e como un experto en música moderna experimental, O’Rourke lanzou discos de jazz, noise e rock. Colaborou con xente como Bobby Conn, Derek Bailey, Stereolab, Loren Mazzacame Connors, Nurse with Wound, Fennesz, Organum, Henry Kaiser, Flying Saucer Attack, e máis recentemente mesturou os álbums Ys e Have One On Me de Joanna Newsom.

Produciu álbums de artistas tan variados coma Sonic Youth, Wilco, Stereolab, Saint Etienne, Kahimi Karie, Quruli, John Fahey, Smog, Faust, Tony Conrad, The Red Krayola, Bobby Conn, Beth Orton, Joanna Newsom e U.S. Maple. Mesturou o Yankee Hotel Foxtrot de Wilco e produciu o seu álbum do 2004, A Ghost Is Born, co cal gañou un Grammy ao mellor álbum alternativo. Durante a gravación de Yankee Hotel Foxtrot O'Rourke colaborou con Jeff Tweedy e Glenn Kotche nunha banda chamada Loose Fur. O seu auto-titulado álbum de estrea foi lanzado no 2003 ao que lle seguiu outro no 2006 titulado Born Again in the USA.

O'Rourke foi tamén membro de Illusion of Safety, Gastr Del Sol e Sonic Youth. A principios dos anos 2000 tocou o baixo, a guitarra e o sintetizador con Sonic Youth, ademais de facer labores de gravación e mestura. Foi membro da banda ata finais do ano 2005, pero continúa tocando con eles nalgúns dos seus proxectos paralelos.