Wilco
| Wilco | |
|---|---|
| Información | |
| Orixe | Chicago, Illinois, |
| Período | 1994 - actualidade |
| Xénero(s) | rock alternativo, country alternativo, folk rock, rock experimental |
| Selo(s) discográfico(s) | dBpm Records, Nonesuch, Reprise |
| Membros | Jeff Tweedy John Stirratt Nels Cline Glenn Kotche Pat Sansone Mikael Jorgensen |
| Antigos membros | Leroy Bach Max Johnston Jay Bennett Bob Egan Ken Coomer |
| Web oficial | http://www.wilcoworld.net/ |
Wilco é unha banda estadounidense de rock alternativo formada en Chicago, Illinois no ano 1994. O grupo formárono os membros da banda de country alternativo Uncle Tupelo, despois da saída do seu vocalista Jay Farrar. Os seus membros cambiaron frecuentemente, permanecendo só o vocalista Jeff Tweedy e o baixista John Stirratt da súa formación orixinal. Dende o ano 2004, os outros membros son o guitarrista Nels Cline, os multi-instrumentistas Pat Sansone e Mikael Jorgensen e o batería Glenn Kotche.
A música de Wilco foi inspirada por unha gran variedade de artistas e estilos, e converteuse en influencia dun bo número de grupos de rock alternativo actuais. No seu álbum de estrea Wilco continuou o son country alternativo de Uncle Tupelo, pero dende entón introduciron máis experimentación á súa música, incluíndo elementos do rock alternativo e do pop clásico.
Discografía [editar]
- A.M. - 1995 (Sire/Reprise)
- Being There - 1996 (Reprise Records)
- Summerteeth - 1999 (Reprise Records)
- Yankee Hotel Foxtrot - 2002 (Nonesuch)
- A Ghost Is Born - 2004 (Nonesuch)
- Kicking Television: Live in Chicago - 2005
- Sky Blue Sky - 2007 (Nonesuch)
- Wilco (The Album) - 2009 (Nonesuch)
- The Whole Love - 2011 (dBpm)