Jermaine O'Neal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jermaine O'Neal
Jermaine O'Neal cropped.jpg
Golden State Warriors – No. 7
Ala-pivote / Pivote
Información persoal
Nacemento 13 de outubro de 1978 (36 anos)
Flag of California.svg Columbia, Carolina do Sur
Nacionalidade Flag of the United States.svg Estados Unidos
Altura 2,11 m (6 ft 11 in)
Peso 116 kg (255 lb)
Instituto Eau Claire, Columbia
Información da carreira
NBA Draft 1996 / Rolda: 1 / Elección: 17

Escollido por Portland Trail Blazers

Carreira dende 1996
Historial de equipos
Portland Trail Blazers (1996–2000)
Indiana Pacers (2000–2008)
Toronto Raptors (2008–2009)
Miami Heat (2009–2010)
Boston Celtics (2010–2012)
Phoenix Suns (2012–2013)
Golden State Warriors (2013–presente)
Premios e galardóns
NBA All-Star (2002-2007)
1× Xogador Máis Mellorado (2002)
Información en nba.com

Jermaine O'Neal, nado o 13 de outubro de 1978 en Columbia, Carolina do Sur, é un xogador profesional estadounidense de baloncesto que xoga nos Golden State Warriors da National Basketball Association (NBA). Mide 2,11 m e pode xogar tanto de ala-pivote como de pivote.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Grazas á súa altura e axilidade pronto comezou a amosar aptitudes para algúns deportes, aínda que finalmente decidiuse polo baloncesto. Ingresou no instituto de Eau Claire da súa cidade natal. En dito centro sobresaíu de tal modo que no ano 1996 (con tan só 17 anos) foi elixido no Draft da NBA polos Portland Trail Blazers.

Jermaine O'Neal posuía a honra de ser o xogador máis novo da historia en disputar un partido, ata que Andrew Bynum chegou á liga sendo aínda máis novo ca el. Tras uns inicios moi decepcionantes, no ano 2000 foi traspasado aos Indiana Pacers. A partir dese cambio naceu o O'Neal que hoxe todos coñecemos. A súa carreira comezou a despegar de verdade. Comezou a facer máis de 20 puntos por tempada e sempre ao redor dos 10 rebotes. Foi All Star en 5 ocasións. Un gran tiro de corta e media distancia, unha gran capacidade reboteadora e, sobre todo, unha sobrenatural capacidade defensiva (máis de 2 tapóns por partido) fan del unha das estrelas da NBA e un dos ídolos da liga. Pero tras unha tempada 2007/08 non demasiado boa, os Pacers decidiron traspasalo aos Toronto Raptors xunto con Nathan Jawai a cambio de T.J. Ford, Rasho Nesterovic, Maceo Baston e a elección nº17 do Draft do 2008, Roy Hibbert.

O 13 de febreiro de 2009 foi traspasado a Miami Heat xunto con Jamario Moon por Shawn Marion e Marcus Banks.[1]. Na primeira tempada cos Heat, O'Neal xogou 27 partidos, nos que promediou 13.0 puntos, 5.4 rebotes e 2.0 tapóns. Nos seus primeiros 12 partidos, os Heat conseguiron un récord de 7-5, o que lles fixo asegurar o cuarto posto na Conferencia Leste, e xogar así os playoffs, onde caeron ante Atlanta Hawks en sete partidos. No verán de 2010 asinou un contrato por dous anos cos Boston Celtics. O 20 de abril de 2012, foi cortado polo Celtics.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]