Cidade Ho Chi Minh - Thành phố Hồ Chí Minh
Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión.
|
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa xeografía que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
Cidade Ho Chi Minh (en lingua vietnamita Thành Phố Hồ Chí Minh), a antiga Saigón (Sài Gòn) é unha cidade do sur de Vietnam, a maior do país. Enclavada no norte do Delta do Mekong e no oeste da desembocadura do río Saigón, baixo o nome khemer , foi o principal porto de Camboxa antes da anexión da zona polos vietnamitas no século XVII. Baixo o nome de Saigón foi capital do protectorado francés da Conchinchina ata 1954 e logo pasou a ser a capital de Vietnam do Sur despois da independencia ata 1975. Dende entón conservou un aire cosmopolita con forte presenza occidental. Foi e continúa a ser un activo porto e centro comercial, financeiro e cultural. Após a vitoria do norte na guerra de Vietnam, decaeu un chisco a súa puxanza e o seu nome oficial pasou a ser Cidade Ho chi Minh. Conta cunha poboación de 5.750.000 de habitantes (2001).
A cidade atópase a 60 quilómetros do Mar da China Meridional, a 1.760 quilómetros ao sur de Hanoi, a capital do país e a menos de 300 quilómetros ao sueste de Phnom Penh, a capital de Camboxa.
A área metropolitana consiste, ademais da propia Cidade Ho Chi Minh, nas poboacións de Thủ Dầu Một, Di An, Bien Hoa e numerosas poboacións veciñas, o que suma unha poboación total de 9 millóns de persoas, sendo así unha das metrópoles máis grandes do Sueste Asiático.
Véxase tamén [editar]
Outros artigos [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Official website (Lingua vietnamita & English)
- Ho Chi Minh City Map
- Ho Chi Minh City Map
- Ho Chi Minh City Guide
- Saigon Tourist Map
