Indar Gorri

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Indar Gorri
Deportefútbol
Data de fundación13 de decembro de 1987
PaísEspaña
editar datos en Wikidata ]

Indar Gorri é o grupo de seareiras e seareiros do equipo de fútbol Club Atlético Osasuna. Sitúase nas bancadas inferiores da portería sur do estadio El Sadar. O nome en galego significa "Forza Vermella" (Indarra = forza; Gorria = vermella).

Características[editar | editar a fonte]

A súa ideoloxía baséase no nacionalismo abertzale, o antifascismo e o antirracismo. Indar Gorri é un dos grupos pertencentes e fundadores de Euskal Hintxak, entidade que agrupa un gran número de filas antifascistas de Euskal Herria e que reivindica a oficialización da selección de fútbol do País Vasco.

Indar Gorri ten case 1000 membros entre socios e simpatizantes, entre os que hai uns 50 Red & Anarchist Skin Heads. Dito grupo pasou por estes vinte anos de ter un carácter local (nun principio a maioría eran de Pamplona), a estenderse por Navarra e por outras zonas do Estado, como Madrid, Cataluña e Andalucía.

Amizade e rivalidade[editar | editar a fonte]

As principais amizades do grupo son, amais dos grupos de Euskal Hintxak e outros máis, os seguintes grupos:

Por contra, as principais rivalidades son cos seguintes ultras:

Historia[editar | editar a fonte]

O 13 de decembro de 1987, a tribuna sur do entón El Sadar foi o escaparate para a estrea dun novo grupo de seareiras e seareiros chamado "Indar Gorri". A afección do Club Atlético Osasuna estaba un pouco anoxada por molestias en viaxes anteriores. Por este motivo, da unión dun par de grupos de afeccionados e co Monumento aos Foros como punto dos seus primeiros encontros, xorde Indar Gorri. O grupo converteuse en oficial nun encontro entre o Club Atlético Osasuna e o CD Sabadell.[2]

A diferenza doutros grupos de seareiras e seareiros do Osasuna, Indar Gorri non ocultaba o seu carácter. Pasou de ser un movemento espontáneo a ter un gran grupo de seguidores. Unha das súas actividades máis sinaladas é o Día contra o Racismo. De feito, foron dos pioneiros en organizar actos contra a xenofobia no fútbol. Amais de conferencias e exposicións sobre esta cuestión, xógase un partido amigábel.

A organización leva case un cuarto da historia do club vermello animando de forma ininterrompida. O 2 de febreiro de 2016 foron detidos 18 membros acusados de lesións.[3] O 5 de maio de 2022 anunciou que deixaría de animar no estadio local de El Sadar durante o que quedaba de tempada. O motivo era a avalancha de sancións económicas que estaba a recibir, principalmente por estar nunha zona da bancada que, en teoría, está habilitado para ese fin.[4][5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Requeijo, Alejandro; Montero, Daniel (15 de agosto de 2016). ""Tengo unas ganas de hostias de flipar": los ultras del fútbol, retratados por las escuchas". El Español (en castelán). Consultado o 5 de novembro de 2022. 
  2. Matxin, Natxo (4 de decembro de 2007). "Indar gorri celebra a lo grande sus dos primeras décadas animando a Osasuna desde la trinchera rojilla". Gara (en castelán). Consultado o 5 de novembro de 2011. 
  3. Senar, Joxerra (2 de febreiro de 2016). "Indar Gorriko 18 kide atxilotu dituzte, lesio delitua egotzita". Berria (en éuscaro) (Iruñea). Arquivado dende o orixinal o 05 de novembro de 2022. Consultado o 5 de novembro de 2022. 
  4. "Indar Gorri deja de animar en El Sadar esta temporada". As (en castelán). 5 de maio de 2022. Consultado o 5 de novembro de 2022. 
  5. "Indar Gorri deja de animar tras más de 100 multas por estar de pie". Noticias de Navarra (en castelán) (Iruñea). 5 de maio de 2022. Consultado o 5 de novembro de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]