Ilya Ehrenburg

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ilya Ehrenburg

Ilya Ehrenburg, nado en Kiev en 1891 e finado en Moscova en 1967, foi un escritor ruso.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu nunha familia xudía na capital de Ucraína, involucrado cos movementos revolucionarios que actuaban no Imperio zarista foi detido durante uns meses mentres realizaba os seus estudos de secundaria en Moscova. En 1908 emigrou a París, alí entrou en contacto co mundo literario e compuxo as súas primeiras poesías. Correspondente na fronte de guerra durante a Primeira Guerra Mundial. Trala guerra volveu ó seu país e estableceuse en Kiev como profesor. Descontento co rumbo que tomaba o réxime soviético en 1921 marchou do país, pasou por Berlín e Bruxelas antes de establecerse en París en 1925. Unha vez proclamada a república en España realizou varias viaxes alí e escribiu o libro España, república de traballadores (1932), foi correspondente de guerra en España durante a Guerra Civil española. Na Segunda Guerra Mundial as súas alocucións na radio foron das máis escoitadas polas tropas e a poboación en xeral, axudando a manter a moral.

Obra[editar | editar a fonte]

A caída de París (1942) é a súa novela máis coñecida.