Illa Asunción
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Asunción | |
|---|---|
| Vista da illa | |
| Datos | |
| Capital | |
| País | Estados Unidos |
| Localización | Océano Pacífico |
| Arquipélago | Illas Marianas |
| Linguas | |
| Poboación (2009) | Deshabitada |
| Superficie | 7,31 km² |
| Densidade | |
| Coordenadas | 19°43′N 145°41′E / 19.717°N 145.683°E |
| Maior Altura | 857 m. |
| Localización | |
Asuncion (ou Ascuncion) é unha illa deshabitada pertencente ás Illas Marianas do Norte. Está situada a 101 km ao noroeste de Agrihan e 37 km ao sueste das Illas Maug.
Características [editar]
Está situada no extremo norte das Marianas do arco de illas volcánicas, situada a 101 km ao noroeste de Agrihan e 37 km ao sueste das illas Maug; a illa de Pagán atópase 175 km ao suroeste. Trátase dun estratovolcán, con 857 m. no punto máis alto, ten unha superficie de 7,31 km². A maioría das costas son rochosas ou cantís.
A illa ten gran vexetación, con plantacións de cocos e bosques de folla ancha. Os barrancos teñen tamén unha gran vexetación con outras especies leñosas. A illa está deshabitada.