Zona de subdución
| Suxeriuse que este artigo ou apartado sexa fusionado con "Subdución" (conversa). Para realizar a fusión dos artigos sigue estes pasos. |
Unha zona de subdución é unha área de converxencia de placas tectónicas, onde unha das placas desliza por baixo da outra. As zonas de subdución son áreas onde o alastramento oceánico iniciado dos rifts atopa compensación, isto é, onde as placas desaparecen. Este movemento descendente provoca a fusión do manto subxacente e induce ao vulcanismo.
As maiores zonas de subdución atópanse no Océano Pacífico, ao longo da costa Oeste de América do Sur e mais do Norte. A cordilleira dos Andes e os seus volcáns é o maior exemplo de vulcanismo asociado a zonas de subdución.
As zonas de subdución son potenciais focos sísmicos. Os terremotos de consecuencias máis devastadoras están normalmente asociados a este encadramento xeolóxico. A fricción de dúas placas pode provocar a liberación repentina de enormes cantidades de enerxía, que resultaría nun terremoto. Algúns exemplos de sismos asociados a zonas de subdución son:
- O terremoto de Lisboa de 1755 (subdución incipiente do Océano Atlántico)
- O terremoto do Océano Índico de 2004.