Alamagan
| Alamagan | |
|---|---|
| Vista da illa | |
| Datos | |
| Capital | |
| País | Estados Unidos |
| Localización | Océano Pacífico |
| Arquipélago | Illas Marianas |
| Linguas | |
| Poboación (2005) | 7 hab. |
| Superficie | 11,12 km² |
| Densidade | |
| Coordenadas | 17°36′N 145°50′E / 17.6°N 145.833°E |
| Maior Altura | 744 m. Bandeera Peak |
| Localización | |
A Illa Alamagan está localizada ao 270 km. ao norte de Saipan e ocupa un área de 11.12 km². O volcán da illa (Bandeera Peak) é unha gran caldeira que se atopa no seu cume. A última erupción do volcán foi rexistrada en 1917. O oeste da illa está cortado en profundos desfiladeiros cubertos de herba. O sueste é unha inclinación de lava que chega ata o mar. Na illa hai profundos vales e covas. Existen formacións de cocos e son destacables os mananciais de auga amornada na parte norte da illa.
Alamagan é unha reserva natural para o ave Acrocephalus luscinia a cal soamente poder atopar tamén na illa de Saipan e posiblemente tamén en Aguillan .
Historicamente a illa foi territorio español desde o século XVII ata 1899 en que foi vendida a Alemaña (xunto co resto do arquipélago) e estivo esporadicamente habitada; a finais do ano 2005 había sete habitantes en Alamagan. O censo de Estados Unidos de 2000 arroxaba unha poboación de seis habitantes. A illa é parte das illas Marianas do Norte.