Igrexa de Levide

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Igrexa de Levide
Datos xerais
PaísSuecia Suecia
RexiónGotland
LocalizaciónLevide
Coordenadas57°16′56″N 18°15′59″L / 57.28216667, 18.26647222Coordenadas: 57°16′56″N 18°15′59″L / 57.28216667, 18.26647222
Culto
CultoIgrexa de Suecia
DioceseDiocese de Visby
editar datos en Wikidata ]

A igrexa de Levide (sueco: Levide kyrka) é unha igrexa medieval luterana en Levide, na illa sueca de Gotland, pertencente á diocese de Visby.

Historia e arquitectura[editar | editar a fonte]

A igrexa de Levide é na súa maior parte unha igrexa románica cunha personalidade única en Gotland. Partes do seu coro, destacando a zona ao redor do portal, son comparables ao portal norte da catedral de Visby.[1]

As partes máis antigas da igrexa son o coro antes mencionado coa súa ábsida, datando de ao redor do ano 1200. A nave data de comezos do século XIII, mentres que a torre foi levantada a mediados do mesmo século. A sancristía, construída no século XVIII, é a única parte da igrexa que non é medieval.[1]

En época gótica, probablemente ao redor do ano 1300, fixéronse pequenas modificacións apuntando os arcos das fiestras, do interior, e do portal da nave.[2]

Os académicos pensan que a presente igrexa podería ter sido precedida por unha igrexa de madeira, quizais situada noutro lugar da parroquia. Nunhas escavacións realizadas entre os anos 1956 e 1957 non se atoparon restos desa igrexa, pero unha pía bautismal, agora conservada no Museo de Visby, do século XII debeu pertencer a ese primeiro edificio, e o cronista Hans Nielsön Strelow menciona na súa crónica o ano 1058, indicando probablemente esa primeira igrexa.[2]

Os apóstolos Pedro e Pablo foron os patróns da igrexa, xa que os seus nomes aparecens na campá e foron representados na cruz de consagración da ábsida.[2]

O interior está dividido nunha nave e dous corredores, separados por catro grandes piares. O teito está soportado por nove bóvedas. O interior forma así unha igrexa de salón, e as influencias do seu deseño probablemnete veñan das igrexas alemás da súa época. Un modelo máis directo foi posiblemente a que hoxe é a catedral de Visby. A parede sur do seu interior está decorada con frescos , probablemente de mediados do século XV e atribuídos ao artista coñecido como Passionsmästaren. Estes representan apóstolos e santos, incluídos os santos escandinavos Ansgar e Bríxida de Suecia. Ademais, hai frescos puramente decorativos, probablemente do século XIII. Na igrexa tamén se conserva unha cruz procesional medieval, do século XIV. Posteriores son o seu retablo (1662-63) e un barco votivo (1748).[1]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Lagerlöf, Erland (1973). Rabén & Sjögren, ed. Gotlands kyrkor. Uddevalla. pp. 195–197. ISBN 9129410355. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Erland., Lagerlöf, (1996). Levide kyrka. Almqvist et Wiksell. ISBN 91-7209-028-6. OCLC 888762394.