Igrexa de Mästerby

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Igrexa de Mästerby
Datos xerais
PaísSuecia Suecia
RexiónGotland
LocalizaciónMästerby
Coordenadas57°28′12″N 18°18′14″L / 57.46994444, 18.30394444Coordenadas: 57°28′12″N 18°18′14″L / 57.46994444, 18.30394444
Culto
CultoIgrexa de Suecia
DioceseDiocese de Visby
Páxina webhttps://www.svenskakyrkan.se/klinte/masterby-kyrka
editar datos en Wikidata ]

A igrexa de Mästerby (sueco: Mästerby kyrka) é unha igrexa medieval luterana en Mästerby, na illa sueca de Gotland, pertencente á diocese de Visby.

Historia e arquitectura[editar | editar a fonte]

No mesmo lugar da presente igrexa existía un edificio anterior, polo menos en 1160-70, de onde procede a pía bautismal construída probablemente nesa década polo taller de Byzantios.[1]

A actual igrexa de Mästerby é principalmente do século XIII. A nave, o coro e a ábsida construíronse primeiro, probablemente en 1199. Ao redor de 1240 levantouse a torre.[1] A nave ampliouse un século despois, e nese tempo tanto a nave como o coro recibiron os seus teitos abovedados. Dende o final da idade media a igrexa permaneceu case inalterada. Só a sancristía é significativamente posterior, engadida en 1790. Na década de 1860 engadíronse novas fiestras.[2]

A igrexa ten tres portais, ademais de restos dun portal baixo a fiestra oeste no muro sur da nave. Ese portal trasladouse cando se levantou a torre ao muro norte e aseméllase a outros portais da illa, como os das naves das igrexas de Follingbo e Vall, ou ao do norte do transepto da catedral de Visby, pero está pobremente executado.[1] Existe unha inscrición rúnica nel que di, "virxes, recen as súas oracións do xeito correcto", o que parece indicar que era a entrada destinada ás mulleres.[1] O portal do coro é orixinal e o portal sur da torre é semellante aos das torres de Sanda e Eskelhem.[1]

A igrexa está ricamente decorada internamente con frescos. Estes foron realizados entre o século XIII e o XVII. Na ábsida sobreviven algunhas pinturas románicas, destacando a representación de María, mentres que outras foron cubertas con outras pinturas no XVII. As bóvedas da nave están decoradas con frescos do século XIV, e as súas paredes teñen pinturas realizadas no século XV polo artista coñecido como Passionsmästaren. No coro hai outro conxunto probablemente do século XVI, mentres que na nave existe outro grupo pintado en 1633.[2]

A pía bautismal é do século XII, de estilo románico e realizada polo escultor coñecido como Byzantios. A cruz triunfal está realizada na illa e data do século XIII. O resto do mobiliario e de despois da reforma protestante.[2]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 editor., Roosval, Johnny, 1879-1965, (1942). Hejde setting. [Generalstablens litografiska anstalt]. OCLC 45686602. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Lagerlöf, Erland (1973). Rabén & Sjögren, ed. Gotlands kyrkor. Uddevalla. pp. 213–215. ISBN 9129410355.