Igrexa de Sproge

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Igrexa de Sproge
Datos xerais
PaísSuecia Suecia
RexiónGotland
LocalizaciónSproge
Coordenadas57°15′13″N 18°12′39″L / 57.25361111, 18.21091667Coordenadas: 57°15′13″N 18°12′39″L / 57.25361111, 18.21091667
Culto
CultoIgrexa de Suecia
DioceseDiocese de Visby
Páxina webhttps://www.svenskakyrkan.se/klinte/sproge-kyrka
editar datos en Wikidata ]

A igrexa de Sproge (sueco: Sproge kyrka) é unha igrexa medieval luterana en Sproge, na illa sueca de Gotland, pertencente á diocese de Visby.

Historia e arquitectura[editar | editar a fonte]

A presente igrexa de pedra de Sproge é do século XIII. A nave e o coro son as partes máis antigas, sendo construídas durante a primeira metade do século. A torre foi engadida a finais do mesmo século. Na fachada sur hai unha placa que afirma que a data de construción sería 1058, pero esa data semella ser pura fantasía. Porén, no lugar houbo antes unha igrexa de madeira. Unhas 40 táboas dese edificio consérvanse no Museo de Gotland en Visby. A stavkirke probablemente foi construída durante o século XI.[1]

A igrexa foi completamente reconstruída en 1839-40, cando se insertaron novas fiestras na parede, as bóvedas medievais interiores substituíronse por un teito moderno e se construíu unha nova entrada na fachada sur. Do inventorio medieval só queda a cruz triunfal do século XIV. O retablo e a pía baustismal son do século XVII. No chan do coro tamén quedan tres tumbas medievais, e no chan da torre hai unha pedra pintada precristián con inscricións rúnicas. A pedra conta a historia de dous homes chamados Gairvatr e Audvatr que fixeron un dolmen para a súa nai, e ten unha imaxe que representa a unha muller morta dirixíndose nunha zorra cara ao reino dos mortos. En fronte desta hai unha placa memorial máis moderna, conmemorando a un piloto británico que morreu cando o seu avión se esnafrou no mar Báltico preto da igrexa durante a segunda guerra mundial.[1]

No ano 1965 a igrexa foi restaurada.[1]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Lagerlöf, Erland (1973). Rabén & Sjögren, ed. Gotlands kyrkor. Uddevalla. pp. 238–240. ISBN 9129410355.