Igrexa de Väte

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Igrexa de Väte
Datos xerais
PaísSuecia Suecia
RexiónGotland
LocalizaciónVäte
Coordenadas57°26′57″N 18°21′51″L / 57.4491, 18.36405Coordenadas: 57°26′57″N 18°21′51″L / 57.4491, 18.36405
Culto
CultoIgrexa de Suecia
DioceseDiocese de Visby
editar datos en Wikidata ]

A igrexa de Väte (sueco: Väte kyrka) é unha igrexa medieval luterana en Väte, na illa sueca de Gotland, pertencente á diocese de Visby.

Historia e arquitectura[editar | editar a fonte]

A igrexa de Väte foi construída durante o século XIV. O coro e a sancristía son as partes máis antigas do edificio, sendo construídas ao redor do ano 1300, mentres que a nave data de mediados dese século. Unha torre foi planeada, pero nunca chegou a construírse. A presente igrexa gótica probablemente substituíu a unha anterior de estilo románico, da cal varios restos foron incorporados á actual. Dende a idade media non se realizaron grandes alteracións no edificio. O chapitel construíuse en 1914 e a igrexa foi restaurada tres veces durante o século XX: en 1927-28, 1956 e 1965.[1]

A igrexa está construída de calcaria. O exterior está parcialmente decorado con esculturas románicas (o portal norte, relieves e decoracións das fiestras), e ten dous portais góticos no sur con capiteis finamente esculpidos. No interior, a igrexa está decorada con frescos. Un conxunto data do século XIV, outro realizado polo artista coñecido como Passionsmästaren é do século XV e un terceiro, semellante aos das igrexas de Alva e Lau, é de 1520.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Väte kyrka". Region Gotland. Arquivado dende o orixinal o 17 de agosto de 2018. Consultado o 16 de agosto de 2018.