Igrexa de Grötlingbo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Igrexa de Grötlingbo
Datos xerais
PaísSuecia Suecia
RexiónGotland
LocalizaciónGrötlingbo
Coordenadas57°08′01″N 18°20′48″L / 57.13353, 18.34667Coordenadas: 57°08′01″N 18°20′48″L / 57.13353, 18.34667
Culto
CultoIgrexa de Suecia
DioceseDiocese de Visby
editar datos en Wikidata ]

A igrexa de Grötlingbo (sueco: Grötlingbo kyrka) é unha igrexa medieval luterana en Grötlingbo, na illa sueca de Gotland, pertencente á diocese de Visby.

Historia[editar | editar a fonte]

O primeiro rexistro escrito da igrexa é de 1296, cando é mencionada nunha bula papal.[1] Porén, escavacións arqueolóxicas levadas a cabo en 1956-1957 demostraron que había unha igrexa de pedra no lugar xa no século XII.[2] Os relieves que adornan a fachada sur do presente edificio proceden desa igrexa románica e foron incorporados á igrexa gótica actual. O torre incorporouse no século XIII e a finais do século XIV houbo unha gran reconstrución da igrexa para darlle a súa presente forma. Dende entón a estrutura permaneceu case inalterada, coa excepción da incorporación dunhas poucas pezas de mobiliario.[1][3]

O artista e autor dinamarqués Asger Jorn está enterrado no cemiterio da igrexa.

Arquitectura[editar | editar a fonte]

O edificio é bastante grande para unha igrexa do rural de Gotland e foi construída con arenita local.[3] A nave está dividida en tres seccións por robustas columnas. O coro carece de ábsida e no seu lugar remata nunha parede recta con tres esveltas fiestras, un tratamento típico nas igrexas medievais da illa. A torre é románica, pero o chapitel é do século XVIII.[1]

A fachada sur está adornada con frisos románicos realizados polo artista coñecido como Sigraf ao redor do ano 1200. Representan animais, tanto reais como míticos, ademais de homes loitando e cabaleiros a cabalo. Os académicos están dividids sobre o significado desas figuras. Algúns especulan que pode ser unha representación das forzas do mal perseguindo a humanos. Outros argumentan que poden ilustrar un antigo conto, quizais o de Beowulf.[1][4]

Na cara sur da igrexa hai dous portais posteriores e de estilo gótico. Datan de mediados do século XIV e o obradoiro que os realizou foi identificado como o do artista coñecido como Master Egypticus. Representan escenas cristiás como a Virxe María e a Resurrección. Os portais tamén inclúen caras grotescas, unha característica típica nos traballos de Master Egypticus.[1][3]

No interior sobreviven un feixe de frescos do século XIV no coro, representanto escenas cristiás do mesmo tipo que as dos portais.[1] As bóvedas da nave tamén teñen algunhas pinturas, puramente decorativas.[2] Entre a nave e o coro colga unha gran cruz triunfal que data de mediados do século XIII. A pía bautismal é particularmente notable, tamén realizada por Master Sigraf e un dos exemplos máis elaborados da arte do escultor.[5] O púlpito data do Renacimento e orixinalmente foi feito para a catedral de Visby. Aínda amosa o escudo de armas dinamarqués no lugar do sueco.[1][3]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 Lagerlöf, Erland (1973). Rabén & Sjögren, ed. Gotlands kyrkor. Uddevalla. pp. 153–156. ISBN 9129410355. 
  2. 2,0 2,1 Andrén, Anders (2011). Historiska Media, ed. Det medeltida Gotland: en arkeologisk guidebok. Lund. pp. 206–210. ISBN 978-91-85873-83-8. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Jonsson, Marita; Lindquist, Sven-Olof (1987). Vägen till kulturen på Gotland. Visby: Gotlands fornsal. pp. 188–189. ISBN 91-971048-1-7. 
  4. "Grötlingbo kyrka". Guteinfo. Consultado o 20 de agosto de 2018. 
  5. Svanberg, Jan (1995). Signums svenska konsthistoria: Den romanska konsten. Lund: Signum. p. 207. ISBN 91-87896-23-0.