Igrexa de Boge

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Igrexa de Boge
Datos xerais
PaísSuecia Suecia
RexiónGotland
LocalizaciónBoge
Coordenadas57°41′13″N 18°45′45″L / 57.687055555556, 18.762611111111Coordenadas: 57°41′13″N 18°45′45″L / 57.687055555556, 18.762611111111
Culto
CultoIgrexa de Suecia
DioceseDiocese de Visby
editar datos en Wikidata ]

A igrexa de Boge (sueco: Boge kyrka) é unha igrexa medieval luterana en Boge, na illa sueca de Gotland, pertencente á diocese de Visby.

Historia e arquitectura[editar | editar a fonte]

A igrexa de Boge é unha igrexa do gótico temperán. As partes máis antigas son o coro e a sancristía, que datan de mediados do século XIII. A nave é posterior e substituíu a unha nave previa de estilo románico; este feito explica o motivo polo que é infrecuentemente curta e ancha, xa que se encaixou entre un coro e unha torre que xa existían. Porén, a torre actual comezou a construírse en 1867 e rematouse en 1892, xa que a vella colapsou durante unha treboada en 1857. Na mesma treboada a nave quedou severamente danada pero foi reconstruída.[1]

Externamente a igrexa está apoiada por un único contraforte, levantado tras a treboada de 1857 para estabilizala. O portal principal é un pouco posterior ao resto do edificio e data de mediados do século XIV. Os seus capiteis están esculpidos de forma decorativa.[1] A igrexa foi restaurada en 1925 polo arquitecto Anders Roland.

No interior a igrexa está decorada con dous conxuntos de frescos que datan do período de construción e do século XV, respectivamente. Estes últimos están realizados polo pintor anónimo coñecido como Passionsmästaren. A meirande parte do mobiliario é do século XVIII, coa excepción da pía bautismal, do século XIII, e dun gran candelabro medieval de ferro. No coro son visibles algunhas tumbas medievais.[1]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Lagerlöf, Erland (1973). Rabén & Sjögren, ed. Gotlands kyrkor. Uddevalla. pp. 103–104. ISBN 9129410355.