Igrexa de Vänge

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Igrexa de Vänge
Datos xerais
PaísSuecia Suecia
RexiónGotland
LocalizaciónVänge
Coordenadas57°27′07″N 18°30′41″L / 57.45198, 18.51151Coordenadas: 57°27′07″N 18°30′41″L / 57.45198, 18.51151
Culto
CultoIgrexa de Suecia
DioceseDiocese de Visby
editar datos en Wikidata ]

A igrexa de Vänge (sueco: Vänges kyrka) é unha igrexa medieval luterana en Vänge, na illa sueca de Gotland, pertencente á diocese de Visby.

Historia e arquitectura[editar | editar a fonte]

A torre románica é a parte máis vella da presente igrexa. Foi construída ao redor do ano 1200. Orixinalmente estaba unida a unha igrexa románica, pero a nave e o coro desta, de mediados do século XII, foron substituídos polas partes góticas presentes a día de hoxe e construídas a finais do século XIII. A sancristía e á única parte da igrexa que non é medieval e foi construída no ano 1866. Os tres contrafortes no norte e no sur probablemente levantáronse antes do século XVIII. O exterior está decorado con relieves medievais que representan a vida de Xesús, reusados da primeira igrexa, unha "igrexa icónica", atribuídos a Byzantios e incorporados á estrutura gótica, principalmente á fachada sur do coro. No interior o coro mantén restos de frescos da igrexa orixinal.[1]

A historia da igrexa vese claramente no exterior, onde a torre románica parece desproporcionadamente pequena con respecto á nave de estilo gótico. O edificio ten catro portais, sendo o do sur do coro o máis rico, con relieves incorporados da antiga igrexa no pinche.

Parte do mobiliario da igrexa é medieval. A pía bautismal é de ao redor de 1130 e foi realizada polo escultor Hegvald; está considerada unha das mellores pezas do artista. O seu obradoiro tamén se encargou das pías das igrexas de Halla, Sjonhem e Viklau, entre outras. A igrexa tamén ten unha cruz triunfal do mesmo século. O retablo tamén é medieval pero foi alterado durante o século XVII. A meirande parte dos demais accesorios, como os bancos e o púlpito son de séculos posteriores.[1]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Jacobsson, Britta; Johansson, Eva; Johansson, Per; Andersson, Rolf (1990). Klarkullens förlag AB, ed. Våra kyrkor. Västervik. p. 686. ISBN 91-971561-08.