Igrexa de Hejnum

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Igrexa de Hejnum
Datos xerais
PaísSuecia Suecia
RexiónGotland
LocalizaciónHejnum
Coordenadas57°40′49″N 18°37′55″L / 57.68016667, 18.63197222Coordenadas: 57°40′49″N 18°37′55″L / 57.68016667, 18.63197222
Culto
CultoIgrexa de Suecia
DioceseDiocese de Visby
editar datos en Wikidata ]

A igrexa de Hejnum (sueco: Hejnums kyrka) é unha igrexa medieval luterana en Hejnum, na illa sueca de Gotland, pertencente á diocese de Visby.

Historia[editar | editar a fonte]

A torre románica é a parte máis antiga da igrexa de Hejnum. Orixinalmente formou parte doutra igrexa dese estilo, pero a nave e o coro foron substituídos durante mediadoss do século XIII polos presentes, de estilo gótico. Durante unha escavación realizada en 1941 atopáronse restos da igrexa orixinal. Unha inscrición rúnica sobre o portal occidental da torre pon "Botvid stenmästare", referíndose a un mestre canteiro e arquitecto de Gotland do século XIII. A igrexa permanece case inalterada dende a Idade Media. No ano 1960 foi restaurada.[1]

Arquitectura[editar | editar a fonte]

A igrexa está formada por unha nave, un coro máis estreito, unha sancristía e unha torre. A torre ten aperturas para as campás apoiadas por parteluces e cunha agulla octagonal. Varios relieves de pedra, un portal e partes dun friso da igrexa orixinal románica incorporáronse á fachada do presente edificio. O portal principal da igrexa está situado de xeito pouco común na cara norte, debido a que a igrexa está situada ao sur da estrada. As fiestras apuntadas, incluídas as tres delgadas fiestras do muro oriental do coro, son todas orixinais. O portal do coro ten decoración semellante á da igrexa de Hellvi e foi atribuída a un canteiro chamado Lavrans Botvidarsson. No seu interior a igrexa está decorada por dous conxuntos de frescos. Un data de ao redor do ano 1250 e o outro, do artista coñecido como Passionsmästaren, dó século XV[1]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Riksantikvarieämbetet (ed.). "Hejnums kyrka". Consultado o 12 de abril de 2018.