Igrexa de Fröjel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Igrexa de Fröjel
Datos xerais
PaísSuecia Suecia
RexiónGotland
LocalizaciónFröjel
Coordenadas57°20′08″N 18°11′24″L / 57.33559, 18.18988Coordenadas: 57°20′08″N 18°11′24″L / 57.33559, 18.18988
Culto
CultoIgrexa de Suecia
DioceseDiocese de Visby
editar datos en Wikidata ]

A igrexa de Fröjel (sueco: Fröjels kyrka) é unha igrexa medieval luterana en Fröjel, na illa sueca de Gotland, pertencente á diocese de Visby.

Historia[editar | editar a fonte]

A igrexa está construída preto dun labirinto "cidade de Troia" precristián, indicando que se trata dun lugar antigo.[1] A igrexa probablemente foi construída non só como un lugar de culto, senón tamén como un refuxio para épocas de perigo; atópase situada nun alto acantilado sobre un antigo porto ao lado do mar como se fose unha fortaleza e preto están as ruínas dunha torre defensiva que data da Idade Media. A parte máis antiga do edificio actual é a nave, construída a finais do século XII. A torre é un pouco posterior, mentres que o coro e de ao redor do ano 1300 e de estilo gótico, a diferenza do resto da igrexa que é de estilo románico. A intención probablemente fose que toda a igrexa se reconstruíse en estilo gótico, pero por algunha razón só o coro foi reconstruído.[2]

O interior da igrexa ten varios frescos medievais, representando dragóns, cervos, leóns e grifóns, ademais dun anxo e un bispo. Os frescos son de principios do século XIV.[3] A base da pía bautismal está feita polo obradoiro do artista do século XII coñecido como Master Byzantios, mentres que a parte superior é do século XIV e está considerada como o prototipo do numerodo "grupo de Fröjel" de pías exportadas a Escania, Dinamarca e Alemaña.[4] Na igrexa tamén hai unha gran cruz triunfal, con Cristo rodeado por varias escenas da Biblia. O retablo de arenita ten o monograma do rei dinamarqués Cristián IV e foi realizado en 1634. O púlpito é do ano 1600 e é dos máis antigos de Gotland.[2][4]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Fröjel kyrka". Guteinfo. Consultado o 17 de xullo de 2018. 
  2. 2,0 2,1 Lagerlöf, Erland (1973). Rabén & Sjögren, ed. Gotlands kyrkor. Uddevalla. pp. 143–144. ISBN 9129410355. 
  3. Jonsson, Marita; Lindquist, Sven-Olof (1987). Vägen till kulturen på Gotland. Visby: Gotlands fornsal. p. 159. ISBN 91-971048-1-7. 
  4. 4,0 4,1 Jonson, Christer (2017). Angels et dragons : Gotland's cultural treasures. Visby: Gotlands Museum. ISBN 9789188036988. OCLC 1077527198.