Igrexa de Rute

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Igrexa de Rute
Datos xerais
PaísSuecia Suecia
RexiónGotland
LocalizaciónRute
Coordenadas57°50′01″N 18°55′24″L / 57.83372222, 18.92344444Coordenadas: 57°50′01″N 18°55′24″L / 57.83372222, 18.92344444
Culto
CultoIgrexa de Suecia
DioceseDiocese de Visby
Páxina webhttps://www.svenskakyrkan.se/norragotland/rute-kyrka
editar datos en Wikidata ]

A igrexa de Rute (sueco: Rute kyrka) é unha igrexa medieval luterana en Rute, na illa sueca de Gotland, pertencente á diocese de Visby.

Historia e arquitectura[editar | editar a fonte]

A parte máis antiga da igrexa é o coro, construído ao redor do ano 1230. A nave levantouse uns dez anos despois, mentres que a torre e o portal oeste foron as derradeiras partes do edificio en construírse. O interior da igrexa decorouse con frescos durante o final da Idade Media. Estes foron executados polo artista coñecido como Passionsmästaren e foron redescubertos durante unha restauración en 1951.[1]

O teito da igrexa está soportado por catro piares cadrados, unha solución non atopada noutra igrexa de Gotland. Entre o mobiliario hai varios obxectos medievais. A pía bautismal é de mediados do século XIII, mentres que a cruz triunfal foi realizada ao redor do ano 1260. Unha tumba decorada do século XII, con runas inscritas, foi atopada durante a restauración de 1951. O retablo está feito de arenito e pode que orixinalmente estivese situado na igrexa do castelo de Visborg.[1]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Jacobsson, Britta; Johansson, Eva; Johansson, Per; Andersson, Rolf (1990). Våra kyrkor. Västervik: Klarkullens förlag AB. p. 675. ISBN 91-971561-08.