Heinrich Barth

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaHeinrich Barth

(1862) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento16 de febreiro de 1821 Editar o valor em Wikidata
Hamburgo Editar o valor em Wikidata
Morte25 de novembro de 1865 Editar o valor em Wikidata (44 anos)
Berlín Editar o valor em Wikidata
Causa da morteGastric perforation (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaBerlín Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeHamburgo
Reino de Prusia Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Humboldt de Berlín
Gelehrtenschule des Johanneums (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoXeografía Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónexplorador , filólogo , profesor universitario , xeógrafo , escritor , historiador , arqueólogo Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade Humboldt de Berlín Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua alemá Editar o valor em Wikidata
Premios
Heinrich Barth.

Heinrich Barth, nado en Hamburgo en 1821 e finado en Berlín en 1865, foi un explorador e lingüista alemán.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou na Universidade de Berlín, logo de se graduar en 1844 viaxou por Italia e o Reino das Dúas Sicilias. Interesado en viaxar polo mar Mediterráneo estudou árabe en Londres.

En 1845 estaba en Tánxer e dende alí partiu para coñecer o norte de África, proseguiu por Exipto, ascendeu o río Nilo ata Wadi Halfa e cruzou o deserto ata Berenice. Cruzou a península do Sinaí e atravesou Palestina, Siria, Turquía e Grecia, ao tempo que examinaba os restos arquelóxicos. En 1847 volveu a Berlin e exerceu como profesor asociado á universidade e escribía Wanderungen durch die Küstenländer des Mittelmeeres (Viaxes polos países costeiros do Mediterráneo), que publicou en 1849.

A instancias de Robert Wilhelm Bunsen e outros científicos, Barth uniuse con Adolf Overweg, astrónomo, á expedición organizada polo goberno británico e dirixida por James Richardson para abrir rotas comerciais cos países de África central. A expedición partiu de Tripoli a comezos de 1850, pero as mortes de Richardson (marzo 1851) e Overweg (setembro 1852) deixaron a Barth á fronte da misión, e foi el o primeiro europeo en visitar Adamawa. Volveu a Europa en setembro de 1855.

A historia desa viaxe - que o levou a cruzar o Sáhara ata chegar ao lago Chad e Bagirmi e ir logo cara a Timbuktu polo oeste e o Camerún polo sur- con valiosos estudos sobre topografía, historia e costumes dos países que visitou apareceu simultaneamente en inglés e alemán co título inglés de Travels and Discoveries in North and Central Africa (1857-1858, 5 vols.), considerado o mellor traballo na súa clase ata a aparición das Bibliographies de Darwin.

Xa en Alemaña preparou unha colección de vocabularios de linguas de África central, que apareceron entre 1862 e 1866, e seguiu a viaxar, en 1858 viaxou polo Oriente Medio e en 1862 viaxou polo Imperio Otomán. En 1863 aceptou o posto de profesor de xeografía na Universidade de Berlín e elixírono presidente da Sociedade Xeográfica.