Meseta de Adamawa
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A Meseta de Adamawa é unha rexión natural conformada como unha meseta no centro oeste de África que se estende dende o sueste de Nixeria e o centro norte de Camerún (Adamawa e Provincia do Norte) á República Centroafricana. A elevación media é de 1100 metros [1], aínda que as erupcións volcánicas formaron importantes cumes con elevacións de ata 2.650 metros. A vexetación é principalmente de sabana e a densidade de poboación baixa.
Notas [editar]
- ↑ Bernard Yerima e E. Van Ranst Major Soil Classification Systems Used in the Tropics: Soils of Cameroon.Trafford (2005), p. 136