HC Spartak Moscova

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Spartak Moscova
Спартак Москва
HC Spartak Moscow Logo.svg
Fundado en 1946
Sede Flag of Moscow (Russia).png Moscova,
Flag of Moscow oblast.svg Óblast de Moscova
Flag of Russia.svg Rusia
Cancha LDS Sokolniki
(5.350 espectadores)
Cores Vermello e branco
           
Liga Kontinental Hockey League
Conferencia Oeste
División Tarasov
Adestrador Bielorrusia Andrei Sidorenko
Director Flag of Russia.svg Pavel Zabolotnev
Propietario Investbank
Equipos(s) afiliado(s) Cherif (MHL)
Dinamo Tver (VHL)
Sitio Web http://www.spartak.ru/

O HC Spartak Moscova (en ruso ХК Спартак Москва) é un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Moscova (Rusia). Actualmente compite na KHL (Kontinental Hockey League), onde se encontra encadrado dentro da División Bobrov, na Conferencia Oeste. Xoga os seus partidos como local no LDS Sokolniki, un pavillón con capacidade para 5.350 espectadores.

Historia[editar | editar a fonte]

É unha das seccións do Spartak de Moscova, creada en 1946. O club gañou o Campionato da Unión Soviética en catro ocasións, así como conseguiu o título da Spengler Cup en cinco ocasións, e acadando o subcampionato en 1982. Ademais, o equipo conseguiu dous subcampionatos da Copa de Europa en 1970 e 1977.

Desgraciadamente para os seus seareiros, a situación económica do club empeorou contra o 2006. Logo da tempada, un home de negocios ruso e seareiro do Spartak, Vadim Melkov, ofreceuse a buscar un patrocinio axeitado para o seu equipo favorito. Logo das negociación, o Goberno de Moscova aceptou cubrir as débedas do equipo. volunteered to find suitable sponsorship for his favorite team. After negotiations, the Government of Moscow agreed to cover all of team debts. Tamén se levaron a cabo algúns acordos sobre a venda do equipo. Sen embargo, Melkov morreu durante o accidente aéreo de S7 Airlines o 9 de xullo de 2006, cancelándose tódalas propostas. Logo dun mes de loita pola mellora da situación financeira do club, os xestores do Spartak decidiron disolver o club durante un ano.[1]

Na tempada 2007-08, o Spartak volveu á competición, formando parte da Superliga rusa. En 2008 pasou a formar parte da nova competición euroasiática, a KHL (Kontinental Hockey League).

Palmarés[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. [1] "Sovetski Sport", 11 de agosto de 2006.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

WikiProject Ice Hockey logo.svg
A Galipedia ten un portal sobre:

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]