Guayas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaGuayas

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 1°54′S 79°48′O / -1.9, -79.8Coordenadas: 1°54′S 79°48′O / -1.9, -79.8
EstadoEcuador Editar o valor em Wikidata
CapitalGuayaquil Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación4.391.923 (2022) Editar o valor em Wikidata (283,07 hab./km²)
Lingua oficiallingua castelá Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie15.515,5 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude15 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Creación25 de xuño de 1824 Editar o valor em Wikidata
Organización política
• Prefecto Editar o valor em WikidataMarcela Aguiñaga (en) Traducir (2023–) Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postalEC09 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico04 Editar o valor em Wikidata
ISO 3166-2EC-G Editar o valor em Wikidata

Sitio webguayas.gob.ec Editar o valor em Wikidata

Guayas é unha das 24 provincias da República de Ecuador, localizada na rexión litoral do país. A súa capital é Guayaquil, o maior centro financeiro, comercial e industrial do país, así como a cidade máis grande. Con máis de 3,7 millóns de habitantes, a provincia de Guayas é a máis poboada de Ecuador, con arredor dun 30 % da poboación total. O nome da provincia provén do río Guayas, que a atravesa xusto antes de desembocar no océano Pacífico.

Historia[editar | editar a fonte]

Na época precolombiana estas terras foron habitadas polos huancavilcas. Coa chegada dos españois buscouse construír unha cidade que servise de porto, pero a resistencia dos nativos impediu a conquista destes territorios durante un tempo. En 1538 fundouse a cidade de Guayaquil, que se converteu nun eixo importante da Real Audiencia de Quito. Os dominios de Guayaquil abranguían a maior parte da rexión litoral de Ecuador. En 1763 foi nomeado o primeiro Gobernador de Guayaquil. Tralas guerras de independencia de España, formouse a Provincia Libre de Guayaquil, que logo acabaría uníndose á Gran Colombia, pasando a chamarse Departamento de Guayaquil. Despois da separación da Gran Colombia, formouse a República de Ecuador, e a rexión de Guayaquil dividiuse en varias provincias, unha das cales é Guayas.

Na actualidade a Provincia de Guayas está dividida en 25 cantóns, e a súa actividade principal é a industria (xa que nela se atopan o porto e as fábricas de Guayaquil) e o turismo de praia.

Demografía[editar | editar a fonte]

A provincia ten unha poboación de 3.744.351 persoas, estimada polo INEC en 2010, a maior parte da cal vive na súa capital, Guayaquil, que supera os 2 millóns de habitantes, ou nos seus arredores. Esta poboación está crecendo, xa que existe unha corrente migratoria interna dende outras provincias do país.

Clima[editar | editar a fonte]

O clima da Provincia de Guayas é tropical e monzónico, debido á corrente mariña fría de Humboldt e ó fenómeno de El Niño. Isto fai que a temperatura sexa elevada durante case todo o ano. Danse dúas estacións, o inverno chuvioso que vai dende xaneiro a maio, e o verán seco entre xuño e decembro.

Parámetros climáticos medios da Provincia de Guayas
Mes Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Ano
Temperatura máxima media (°C) 31 30 32 32 30 29 28 28 30 29 30 31
30
Temperatura mínima media (°C) 21 20 18 22 20 15 17 15 16 17 18 20
15
Precipitacións (mm) 22,35 27,94 28,70 18,03 5,33 1,77 0,25 0,00 0,25 0,25 0,25 3,00
108.45
Fonte: Weatherbase

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]