Antoni Gaudí

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Gaudí")
Antoni Gaudí i Cornet
Casa Milá

Antoni Gaudí Cornet, nado en Reus ou en Riudoms (Cataluña) o 25 de xuño de 1852 e finado en Barcelona, o 10 de xuño de 1926, foi un arquitecto catalán. Pódese dicir[Cómpre referencia] que foi un dos máis importantes e orixinais arquitectos da historia. O seu estilo, moi complexo de clasificar, pódese definir como unha mestura entre o Art Nouveau (modernismo) e o Neogótico, aínda que elementos cubistas e surrealistas en xeral atópanse nalgunhas das súas obras. Católico confeso, moi reservado e profundamente catalanista, morreu despois de ser atropelado por un tranvía na cidade de Barcelona, lugar onde se atopaba a traballar na súa derradeira obra, o Templo expiatorio da Sagrada Familia.

Índice

A súa formación [editar]

Fixo os seus estudos de bacharelato nas Escolas Pies de Reus. Logo de rematar no Instituto trasladouse á cidade de Barcelona para estudar no Instituto de Ensino Medio e na Facultade de Ciencias. Neste tempo Antoni moraba co seu irmán en réxime de alugueiro nun barrio de Barcelona, preto da Igrexa de Santa María, a cal lle inspiraría partes do seu traballo posteriormente. Logo da súa estadía na Facultade de Ciencias, aprobou o exame de ingreso na Escola provincial de Arquitectura de Barcelona, onde se graduou en 1878, obtendo o título de Arquitecto.

Desenvolvemento [editar]

A súa vida profesional tivo lugar na meirande parte en Barcelona, cidade na que vivía por aquel entón. A primeira etapa da súa formación coincidiu cunha situación social caracterizada por un grande desenvolvemento económico e urbanístico da cidade. A puxanza dunha clase media con interese de parecerse ás tendencias da Europa naquel momento e o fenómeno da Renaixença fixeron de bos ingredientes para a imaxinación e orixinalidade do arquitecto.

Non debemos esquecer a grande influencia do seu colaborador, o tamén arquitecto J.M. Jujol, do cal provén, entre outras cousas, a característica tipografía que podemos observar nas obras gaudinianas.

A familia Güell [editar]

A vida e obra de Gaudí estiveron amplamente ligadas á familia Güell, de grande importancia e prestixio tanto no económico coma no artístico. O Conde Güell fixo de mecenas para un novo Gaudí, encomendándolle moitos dos seus edificios máis representarivos e coñecidos, como por exemplo o Palau Güell, a Cripta da Colonia Güell e o arquicoñecido Parc Güell entre outros traballos.

Familia e Relixiosidade [editar]

O propio Antoni estaba moi ligado á súa familia: de seu pai e de seu avó aprendeu parte do oficio de traballar o ferro, o cal usaría nalgunhas das súas obras, facendo extraordinarios elementos de carpintaría. Moi afectado pola morte dos seus pais e logo a morte de seu irmán, Gaudí foise facendo cada vez máis introvertido, concentrándose só no seu traballo e estudo. Fixo moita amizade cos altos cargos da Igrexa española daquel momento, sendo íntimo amigo do arcebispo de Astorga, onde pasou unha tempada da súa vida e onde se ocupou do deseño do Pazo Episcopal. Pero non foi esta a súa única obra dedicada á Igrexa, a Cripta da colonia Güell, a reforma da catedral de Mallorca e o colexio de Santa Teresa foron feitas pola práctica dunha das súas obsesións en vida, o Catolicismo.

Principais proxectos [editar]

A Sagrada Familia

Curiosidades [editar]

O ano 2002 foi o ano Internacional dedicado Gaudí

Ligazóns externas [editar]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: