Ganga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gangas
Ganga bicinta (Pterocles bicinctus)
Ganga bicinta (Pterocles bicinctus)
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Pterocliformes
Familia: Pteroclidae
Bonaparte, 1831
Xéneros

Os Pterocliformes son unha orde de aves neognatas que inclúe unha soa familia, Pteroclidae[1] ou Pteroclididae.[2] A orde Pterocliformes non é aceptada por todos os autores, de maneira que a familia Pteroclidae inclúese ás veces entre os Columbiformes ou os Ciconiiformes.[2]

Abrangue os xéneros Pterocles e Syrrhaptes, que adoitan coñecerse como gangas. Entre ambos os dous xéneros suman un grupo de 16 especies do Vello Mundo que viven no campo aberto, chairas e semi-desertos sen árbores.

Características[editar | editar a fonte]

As gangas son pequenas, de pescozo e cabeza semellantes ás pombas, pero de corpos robustos e compactos. Teñen ás longas e un voo rápido e directo. Posúen patas emplumadas, e o xénero Syrrhaptes teñen emplumados tamén os dedos. Son de cor marrón clara ou verdosa con manchas.

Voan en bandadas aos seus durmideiros ao amencer e á tardiña. Adoitan pór dous ou tres ovos directamente sobre a terra.

Xéneros e especies[editar | editar a fonte]

Tradicionalmente divídese ás gangas en dous xéneros. Dúas especies de Asia central que son as Syrrhaptes, e o resto son Pterocles, pero estudos recentes pon en dúbida esta división.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Clements, J. F. 2007. The Clements Checklist of Birds of the World, 6th Edition. Cornell University Press. Downloadable from Cornell Lab of Ornithology
  2. 2,0 2,1 Zoonomen. "Birds of the World -- current valid scientific avian names.". http://www.zoonomen.net/avtax/frame.html. Consultado o 15 de setembro. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ganga Modificar a ligazón no Wikidata
Wikispecies-logo.svg
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Ganga