Charles Lucien Bonaparte
Charles Lucien Jules Laurent Bonaparte, coñecido como Charles Lucien Bonaparte, nado en París o 24 de maio de 1803 e finado o 29 de abril de 1857 na mesma cidades, foi un naturalista, político e ornitólogo francés.
Fillo de Lucien Bonaparte e, por tanto, sobriño do emperador Napoleón I, foi príncipe do Imperio en 1815, despois da rrconciliación de Lucien e o sue irmán Napolenón, herdou os títulos pontificios de seu pai á morte deste, e foi así o segundo príncipe romano de Canino, de Musignano e Bonaparte en 1840, e príncipe Bonaparte en virtude do estatuto da familia imperial adoptado por Napoleón III.
Índice |
Traxectoria [editar]
Bonaparte medrou en Italia e, despois do seu matrimonio coa súa prima Zenaida (Zenaïde Charlotte Julie Bonaparte) o 29 de xuño de 1822 en Bruxelas, viaxou aos Estados Unidos.
Antes de deixar Italia descubrira unha nova especie de folsa, a folosa real (Acrocephalus melanopogon) e, na viaxe a América recollue espécímes dunha nova especie de paíño, o paíño de Wilson (Oceanites oceanicus). Á súa chegada a Estados Unidos presentou un artigo sobre a nova especie, que foi bautizada na honra de Alexander Wilson. O xénero de pombas Zenaida foi descrito por e e dedicado á súa esposa.
Bonaparte, daquela, dedicouse a actualizar a obra de Wilson American Ornithology. A versión revisada foi publicada entre 1825 e 1833.
En 1824 Bonaparte intentou que o entón descoñecido John James Audubon fose aceptado pola Academia de Ciencias Naturais, pero npn o foi pola oposición do ornitólogo George Ord.
A finais de 1826 Bonaparte e a súa familia regresaron a Europa.
Xa no noso continente viaxou a Alemaña, onde coñeceu a Philipp Jakob Cretzschmar, e a Inglaterra, onde coñeceu a John Edward Gray, no Museo Británico, e renovou a súa amizade con Audubon.
En 1828 instalouse en Roma coa súa familia.
Entre 1832 e 1841 Bonaparte publicou a súa obra sobre os animais de Italia, Iconografia della Fauna Italica.
Exiliouse en 1849 a causa da súa implicación nun movemento pronacionalista, e morreu en París.
Tivo oito fillos:
- Xosé Bonaparte (1824-1865)
- Luciano Napoleón Bonaparte (1828-1895), cardeal
- Xulia Bonaparte (1830-1900)
- Carlota Bonaparte (1832-1901)
- María Bonaparte (1835-1890)
- Augusto Bonaparte (1836-1900)
- Napoléon Carlos Bonaparte(1839-1899)
- Matilde Bonaparte (1840-1861)
Traballos [editar]
- Collected pamphlets. 1824-26
- Additions to the ornithology of the United States. Filadelfia 1825
- American ornithology or The natural history of birds inhabiting the United States. Mitchell, Filadelfia 1825-33
- Description of a new species of South American Fringilla. Filadelfia 1825
- Descriptions of ten species of South American birds. Filadelfia 1825.
- Observations on the nomenclature of Wilson's ornithology. Finley, Filadelfia 1826.
- Sulla seconda edizione del Regno animale del Barone Cuvier. Marsigli, Boloña 1830.
- Cenni sopra le variazioni a cui vanno soggette la farfalle del gruppo Melitaea. 1831.
- Di una nuova specie d'uccello dell'Isola di Cuba. Florencia 1831.
- Iconografia della Fauna Italica per le quattro Classi degli Animali Vertebrati. Salvineci & Filippo, Roma 1832-41.
- Saggio d'una distribuzione metodica degli animali vertebrati a sangue freddo. Boulzaler, Roma 1832.
- Notices and descriptions of new or interesting birds from Mexico and South America. Londres 1837.
- A geographical and comparative list of the birds of Europe and North America. van Voorst, Londres 1838.
- Amphibia europea ad systema nostrum vertebratorum ordinata. Turín 1840.
- A new systematic arrangement of vertebrated animals. Taylor, Londres 1841.
- Catalogo metodico degli uccelli europei. Boloña 1842.
- Osservazioni sullo stato della zoologia in Europa in quanto di vertebrati nell'anno 1840-1841. Florencia 1842.
- Genus novum fringillinarum, bustamantia capilaurea. Boloña 1844.
- Catalogo metodico dei mammiferi europei. Mailand 1845.
- Observations on the state of zoology in Europe, as regards the Vertebrata. Londres 1845.
- Parere del presidente della sezione sig. principe Carlo Bonaparte e della commissione da lui nominata per lo esame dell'anzidetta memoria del prof. de Nanzio. Nápoles 1845.
- Catalogo metodico dei pesci Europei. Fibreno, Nápoles 1846.
- Conspectus generum avium. Brill, Leiden 1850-57
- Monographie des loxiens. Arnz, Leiden 1850
- Notes ornithologiques sur les collections rapportées en 1853 par M. A. Delattre. Mallet-Bachelier, París 1854
- American Ornithology, or, The Natural History of Birds Inhabiting the United States... Catro vols. publicados inicialmente en Filadelfia entre 1825 e 1833
Abreviarura [editar]
A abreviatura Bonaparte emprégase para indicar a Charles Lucien Bonaparte como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Véxase tamén [editar]
Bibliografía [editar]
- Beolens, Bo e Michael Watkins (2003): Whose Bird? Common Bird Names and the People They Commemorate. New Haven/London: Yale University Press. ISBN 0-300-10359-X
- Brodhead, Michael J. (1978): "The Works of Charles Lucien Bonaparte in America", in Proceedings of the American Philosophical Society. ISSN 0003-049X
- Tyson Stroud, Patericia (2000): The Emperor of Nature: Charles-Lucien Bonaparte and His World, Filadelfia: University of Pennsylvania Press (Philadelphie). ISBN 0-81-223546-0
Ligazóns externas [editar]
- American ornithology, or, The natural history of birds inhabiting the United States, not given by Wilson: with figures drawn, engraved, and coloured, from nature (en inglés) Consultada o 25/08/2012.
- Charles-Lucien Bonaparte. Biografía na Enciclopadia Británica. (en inglés) Consultada o 25/08/2012.