Franz von Paula Schrank

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Franz von Paula Schrank

Franz von Paula Schrank, nado o 21 de agosto de 1747 en Neuburg am Inn e finado o 22 de decembro de 1835 en Múnic, foi un xesuíta, botánico e naturalista alemán.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a frecuentar o Colexio Xesuíta de Passau con nove anos, entrando aos quince ma Compañía de Xesús. Pasou o primeiro aoo do seu noviciado en Viena e o segundo en Ödenburg (hoxe Sopron en Hungría), onde seguíu os cursos dun misioneiro vindo de Brasil, o que lle fai interesarse na historia natural. Estudiou logo en Raab, Tyrnau (hoxe Trnava, Hungría) e en Viena.

Ensinou no Colexio de Linz a partir de 1769. Ao suprimirse a súa orde trasladouse a Passau, onde foi ordenado sacerdote en decembro de 1774, obtendo o seu doutoramento en teoloxía en 1776, en Viena.

Nese ano de 1776 prepara Beiträge zur Naturgeschichte e foi nomeado profesor de matemáticas e física no Liceo de Amberg, e logo profesor de retórica en Burghausen.

En 1784 era profesor de elocuencia, e ensinaría botánica económica e economía rural na Universidade de Ingolstadt, para máis tarde ser conselleiro eclesiástico en Landshut.

En 1809 a Academia de Ciencias de Múnic elíxeo como membro coa condición que tome ao seu cargo op xardín botánico que se creara na cidade, cargo que ocupará até a súa morte.

Obras pricipais[editar | editar a fonte]

  • Beiträge zur Naturgeschichte, Augsburgo, 1776
  • Vorlesungen über die Art die Naturgeschichte zu studieren, Ratisbona, 1780
  • Enumeratio insectorum Austriæ indigenorum, Viena, 1781
  • Anleitung die Naturgeschichte zu studieren, Múnic, 1783
  • Naturhistorishce Briefe über Österreich, Salzburg, Passau und Berchtsgaden (dous vols., Salzburgo, 1784-1785
  • Anfangsgründe der Botanik, Múnic, 1785
  • Baiersche Reise …, 1786
  • Verzichniss der bisher hinlaneglich bekannten Eingeweidewürmer, nebts einer Abhandlungen über ihre Anverwandschaften, Múnic, 1787
  • Bayerische Flora, Múnic, 1789
  • Primitiæ floræ salisburgensis, cum dissertatione prævia de discrimine plantarum ab animalibus, Frankfort, 1792
  • Abhandlungen einer Privatgesellschaft vom Naturforschern und ökonomen in Oberteutschland, Múnic, 1792
  • Anfangsgründe der Bergwerkskunde, Ingolstadt, 1793
  • Reise nach den südlichen Gebirgen von Bayern, in Hinsicht auf botanische und ökonomische Gegenstände, Múnic, 1793
  • Flora monacensis, Munich, 1811-1820
  • Plantæ rariores horti academici Monacensis descriptæ et iconibus illustratæ, 1819 (describe las plantas cultivadas en el jardín de Múnich)
  • Sammlung von Zierpflanzen, 1819

Estudou igualmente os insectos (incluíndo os arácnidos, daquela considerdos como insectos) fisioloxía vexetal e micoloxía, así como o movemento dos infusorios.

Abreviaturas[editar | editar a fonte]

  • A abreviatura Schrank emprégase para indicar a Franz von Paula Schrank como autoridade na descrición e clasificación científica dos vexetais.
  • A abreviatura Schrank emprégase para indicar a Franz von Paula Schrank como autoridade na descrición e taxonomía dos animais.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Wikispecies-logo.svg
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Franz von Paula Schrank

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]