Axeladas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Axeladas ou Hagelaidas (esta última forma é a que aparece nas inscricións), nado no 540 a.C. e finado no 460 a.C., foi un escultor grego autor de estatuas en bronce de deuses e atletas olímpicos. A máis coñecida é a estatua de Zeus en Mesena, reproducida nas moedas desa cidade. Fundou unha escola escultórica, na que se pensa que estudaron Mirón, Fidias e Policleto. Malia que non se coñece gran cousa deste escultor, hai unha inscrición que sinala que o nome do seu fillo foi Argeiadas.

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas